jueves, 8 de enero de 2009

PALESTINA... OUTRA VEZ


En abril do 2007 xa falei aquí de Palestina. Por desgracia o texto sigue tendo plena vixencia. ¿A que nivel de catástrofe temos que chegar para que medre algo de cordura e sentido común nesa zona? ¿Cantos mortos hai que poñer enriba da mesa para que Europa, EEUU e a comunidade internacional fagan algo?
Israel leva décadas incumprindo as resolucións da ONU sen que reciba desta mais que reproches mornos. ¿Ata cando esta permisividade que non se ten con outros países?
Fai 70 anos os nazis querían acabar cos xudeus. Agora estes queren rematar cos palestinos: van por bo camiño (xa os teñen en campos de concentración), se lles damos tempo conseguirano.
A historia da infamia empéñase en repetirse. ¿Ata cando o consentiremos?

30 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade que o que está pasando nese pais parece de ficción. Todavía a día de hoxe non comprendo que e o que pasa, o porque de que non haxa unha solución para que non morra tanta xente, que o pais viva tranquila cos seus problemas politicos como todolos demais paises, e que non entendo nada.

Biquiños¡¡¡

São dijo...

Partilho inteiramente esta tua indignação!
Os judeus aprenderam bem a lição com os nazis, sem dúvida: por cada uma das sua vítimas assassinam dezenas!
Bom 2009 para ti!

Chousa da Alcandra dijo...

Absolutamente denigrante. A ONU non fai máis que certificar a sua inoperancia total e absoluta. Esto é unha absoluta barbarie que non ten xeito sin sentido.

A Conxurada dijo...

O que está a pasar en Gaza é unha vergonza, e que a presión internacional sexa case nula aínda máis.

LM dijo...

uma vergonha e televisada... até onde chegaremos no grau de desumanizazom? é que há algo pior do que isto?
beijos cheios de desejos de que todo mude.

vintxuca dijo...

Pois si que tiñan que ter aprendida a lección e non facer o mesmo que fixo Hitler no seu tempo...e incrible como podemos pasar un nadal felices e contentos, mercandoo regalos e comendo como porquiños cando alí están pasando as de san quintín.
Unha aperta.

HADEX dijo...

Eu estou tan asqueada que non teño verbas para expresarme, e con todo Occidente, da ONU xa prefiro non dicir nada....

Carlos Sousa dijo...

Como pensa case que todo o mundo racional, paréceme que é unha guerra que non ten moito sentido. Pero claro co apollo do Tío Sam, é unha guerra totalmente desigual.
A ver que fai Obama, cando tome posesión.

Unha dúbida, se houbera petroleo, estarían todos parados a ver como se matan? Me da que non interesa moito que acabe.

Unha aperta

Mer dijo...

seguirémolo consentindo ata que non nos toque de cheo, que precisamente será cando non poderemos facer nada por evitalo

Anónimo dijo...

Unha desgraza! Os mesmos culpables de sempre (Israel e USA), as mesmas vítimas (os nenos palestinos) e as mesmas testemuñas mudas (a vella Europa).

Mariño dijo...

Sinto tristemente que teñan coincidido a mesma foto (dende outro perfil) e o mesmo tema nunha entrada no meu blogue.

E sintoo pola tristura que me dá seguir falando de novo deste xenocidio que está a levar a cabo Israel co povo palestino.

A ver cando podemos falar de paz e liberdade e que estes temas vaian relacionados con Palestina, por rara que pareza a mezcla...

Anónimo dijo...

Compañeiro de A Cova do Raposo:
Soamente che digo unhas verbas que case o din todo. Para min, o Holocausto tivo data de caducidade, desde o mesmo intre que estes xenocidas nazis-israelís entraron en Gaza a sangue e lume. Penso que aínda con estas verbas son abondo moi "tibio".
Saúdos

Anónimo dijo...

Raposo;esqueceume dicir xa que nos cometarios falan de Obama.
Da "esperanza negra" ren de ren.A única esperanza será cando o sistema de EEUU teña a esperanza de trocar. Todo o demais e fume.
Graciñas.

Anónimo dijo...

Hoje em día vemos os sucessos pola TV e nada nos parece ja real, parece de cine pero dramaticamente é real. Ata quando o consentiremos? pois passará o mesmo que co holocausto ou o coa nom interveçom das potencias europeas na segunda guerra mundial: ata que o cheiro dos mortos seja tam arrepiante que nos impida viver.

Saudos!!!

fonsilleda dijo...

Ainda cos palestinos no son inocentes, o que esta a pasar e unha vergoña pra todos xa que ¿teremos falado de abondo?,
Miña filla pasou por Gaza fai un par de anos, ou menos, e contoume cousas tremebundas ¿cómo estará hoxe?, non quero nin pensalo.

Anónimo dijo...

aproveito esta casa para preguntar se alguén sabe dalgúns libros que describan o conflicto de xeito imparcial

Bicos

busto.agolada dijo...

É absolutamente indignante ver como a maquinaria militar de Israel asoballa aos palestinos das zóndeas. Resúltame penoso comprobar cómo protestamos impotentemente ante as sucesivas masacres. Os intereses deste mundo corrompido.
Apertas Raposo. Facendo reflexións tamén axudaremos a crear conciencia.

Anónimo dijo...

Para o do comentario anónimo. Neste enderezo poderás atopar fotos do que era Palestina antes de que creara o estado "fiticio" de Israel.

http://bait-al-maqdis.ahlamontada.com/montada-f3/topic-t7620.htm

Anónimo dijo...

Grazas Sarampelo, está moi ben a páxina, agora só me falta investigar sobre as orixes do conflicto

Bicos

Anónimo dijo...

A especie humana é especialista en consentir o que lle convén. Ata cando? gustaríame non pensar que ata que non lle conveña. Así de dura é a cousa.

Sun Iou Miou dijo...

“Onde está o camiño que leva a onde queira que sexa? Vexo o invisible máis nítido ca unha

rúa que xa non é a miña rua. Quen son eu despois da noite do estranxeiro?”

De Mahmoud Darwich, “A noite despois do estranxeiro” em A terra é-nos estreita

Anónimo dijo...

A min xa case non me sorprende nada, e menos vindo de Israel. No obstante, o outro día quedei abraiado cando un soldado xudeo declaraba a unha televisión, en resposta a unha pregunta, que non eran nenos o que mataban, senón "futuros terroristas".
Nazismo, puro e duro.
Dijo eu.
¿Ou non?
(Un pracer volver pola Cova, e sorte no ano que empeza)

vermella dijo...

Nin a ONU nin niguén vai facer nada moito menos Obama que neste caso seguirá cosentindo a venda armas a Israel.
saúdos de ano nove.

Barreira dijo...

E como sempre os que pagan os despropósitos de outros son os mais pequenos. Todos os dias son unha loteria para eles, e se teñen a fortuna de seguir vivindo, mañán entrarán no bombo da loucura novamente.
Apoiemos o manifesto pola solidariedade.
Saudos.

Son Unha Xoaniña dijo...

Polo que se ve os xudeus aprenderon ben dos nazis, xa di o refrán, no sirvas a quien sirvió.... Así que os fillos de Israel despois das que pasaron, que case os exterminan, agora andan eles por exterminar aos palestinos, porque iso é o que pretenden, para que acaben esas liortas teñen que desaparecer os palestinos. Mágoa, porque o mundo asiste impasible ao exteminio do pobo palestino, non sei para que serve a OTAN, isto é algo que me queda por investigar.
Bicos.

Cuspedepita dijo...

Hoxe escoitei na radio ao portavoz do exército israelí, os entrevistadores déronlle un bo repaso, e fixéronlle pasar algún apuro, anque se escurría como unha anguía.
A pesar da impresión que me deu, vou facer de avogado do demo e intentar ver as cousas desde o seu lugar.
Dixo algunhas cousas nas que quizá leve algo de razón: Que eles teñen a obriga de defender á poboación do seu país dos ataques con "misís" (que non son tal), e que xa se intentaron a vía diplomática e a do bloqueo para evitar eses ataques por parte de Hamas sen resultados positivos.
Aínda así, supoñendo que esta fose a orixe e aquela a finalidade desta acción, a resposta é absolutamente deproporcionada, como case sempre neste conflicto, nunca se tivo en conta á poboación civil(ellos "lo sienten mucho, pero la responsabilidad es de Hamas" ) e non conduce a ningures, agás, quizá, a aumentar a violencia na zona e facer máis difícil e máis lento o camiño da paz (se que é hai algún camiño)

Suso Lista dijo...

Donde está a Xustiza?. Freedom Palestina

Paz Zeltia dijo...

creo que todos tenemos el corazón encogido, y no porque el conflicto nos tome por sorpresa!

"dar una tierra sin pueblo a un pueblo sin tierra" parece que el hecho de que Palestina tuviese 600.000 habitantes árabes no contaba.
los indios no existian como pueblo para los colonizadores de América; los africanos de Africa del Sur no contaban para los blancos, y para los sionistas los árabes tampoco cuentan como pueblo, por eso... Palestina era "una tierra vacía"

Comprendo que los de Hamas no son unos angelitos, y que están continuamente tocándole los huevos a Israel, y yo no estoy a favor de la violencia... pero, teniendo en cuenta que uno nace en una tierra o en otra por casualidad, me pregunto como actuaría y que sentiría si hubiese nacido en Palestina

Paz Zeltia dijo...

Anónimo, non tes mais que poñer en google e saenche moitos libros que che poderían informar moi ben o tema, como por exemplo:

"El conflicto palestino israelí: un recorrido histórico para comprender el presente" supongo que es algo así lo que andas buscando, aunque yo ése libro no lo leí. Igual es un ladrillo e informa mientras aburre...

Anónimo dijo...

Grazas Zeltia, sí, busco algo así, pero preguntaba pola sinxela razón de que moitos libros están escritos para defender unha postura e ignoran por completo a outra, se alguén leu sobre o conflicto pode asesorarme sobre cales son os que están menos influenciados.