Poderíanse incluír dentro da especie de automobilistas domingueiros pero son moito mais perigosos. Adoitan saír a mañá cedo do día das eleccións; van armados con vehículos (preferiblemente todoterreo) cheos de combustible e un bo feixe de papeletas do partido.
Son simpáticos, agradables, faladores, sorriso profidén e nos últimos tempos teléfono móbil para coordinarse. Recorren o rural galego con teimuda persistencia buscando a xente maior e xubilados por tódolos currunchos: na casa, na horta, no toxal, na palleira. Achéganos o colexio electoral, no camiño danlles as papeletas que gardan debaixo do asento, e ós mais coñecidos ata poidan que os conviden a unha consumición no chigre do pobo.
Son metódicos e concienzudos. Coñecen tódolos atallos da rede viaria, saben como esquivar as miradas curiosas. Gústalles pasar desapercibidos.
Por suposto colaboran desinteresadamente. ¡Ai, que sería da nosa democracia sen estes abnegados seres que traballan arreo a prol da comunidade!
Pola miña aldea toda esta pintoresca fauna ten que ver co PP. Debe ser que no asunto da carrexa dos votantes este partido ten a exclusiva.
*A viñeta é de Xosé Lois, O Carrabouxo, publicada en A Nosa Terra no 96.
32 comentarios:
Carrexadores na Galiza. a Santa Compaña votando polos mortos en America. A voz de Galicia manipulando a información e os "Tesoreiros" do PP facendo negocios suxos son a SAnta Trinidade "Tres persoas distintas e un só Deus verdadeiro a CORRUPCION "
ups, mi ma´, non coñecía este tema, cada día sorpréndome máis co que é capaz de facer a xente por ter poder
¿ de verdade ninguén ligado á política tén principios? ben, xa sei... outro tipo de principios, claro.
Por aquí tamén hainos,é a decir verdade primeiro empezaron uns e agora tamén o fan outros,eso sí os de sempre en todo-terreo e os outros a pé disfrazados de acompañantes da terceira edade....
"colaboradores desinteresados"
bicos.
Se pechas os olhos verás un mundo onde a xente vota en libertade, un mundo onde os políticos arranxan os problemas da sociedade para que a xente viva en paz, sen estrés e con felicidade. Pero claro, tamén corres o perigro de que desapareza... como decía Mafalda.
Bicos e apertas.
Por aquí creo que xa fan carreiras a ver quen chega antes ás aldeas...
na miña organizam jantares descomunais... quase de voda... e incluem todo o pacote de chaveiros, autocolantes... todo isso disfarzado de comida tradicional de entroido ou da festividade mais estranha que nunca se imaginou...
beijos
Ei, papón, canso de non comerse un rosco nas eleuciós?; expertos na arte de xuntar a maioría asoluta asesórante en práticos pasos para faserte co ppoder no ámbito local, deputacional ou xuntal, que é o que toca agora; votiño a votiño, chéghase ó carguiño!
Con toda confianza; temos setenta anos de experiencia. Mira os
PROCEDEMENTOS PARA XUNTAR A MAIORÍA en seioquefagedes.blogspot.com
Pero todavía hai xente desa???
Aínda deben quedar supoño, pero antigamente era un escándalo.
Aquí en Areas era tal cual como contas, aqueles catro empresarios cos seus todoterrenos e levando a xente a votar pero sen disimulo ningún.
Cantas carreiras botaban, de aldea a aldea, claro, loxicamente logo devolvíanlle o favor con creces. Cantos edificios se fixeron ilegales en Ponteareas daquela.
E por suposto eran do PP (AP antes), é que José Castro mandaba un collón. Sonache?
É desolador asistir ó espectáculo mafiolítico ó que nos somete a clase política, todo un entramado avarento.
Eu pregunto igual que Artabria. Ainda os hai?.
Non fai moito tempo, nunha cita electoral, vin como alguén vinculado a certo partido practicamente lle metía na man un sobre a un home xa maior cando se achegaba para votar. O señor maior colleu a papeleta acenando positivamente e vin perfectamente como a gardou -co regocixo do "carrexador"- no peto DEREITO da sua chaqueta. Despois coincidimos de camiño ata o Colexio Electoral i eu fixen como que non vira nada e durante o curto treito falamos de trivialidades.
Por razóns laborais, este home ten moita confianza comigo, e xusto antes de entrar no recinto onde iamos votar, díxome: "Agarda, que vou sacar a papeleta; que eu como son vello xa a traio da casa". E sacou do peto ESQUERDO o seu sobre, apostillando: "agora déronme outro, pero o meu é éste!!!".
Sabedes?; a xente xa non é tan inocente coma antes...
vouvos contar unha anécdota familiar
o meu cuñado está afiliado ao PP, sí, uf... pois dende que era mozo da miña irmá traíalle a casa a papeleta e ía votar con ela para asegurarse que votaba a quen él quería. é un tío moi tranquilo pero neso comportabase coma un robot, coma se de súpeto se volvese tolo, en plan obsesivo total... agora están casados, en fin...
e podería contar máis cousas, cousiñas opositoras ilegais para flipar, pero difíciles de comprobar
Pois eu xa escoiteti ós da dereita, durante esta campaña, denunciar estas prácticas pero de esquerdas según eles!!!! E que hai que ter a cara ben dura!!
non teñas medo raposo polo meu voto, que ao cuñado nin se lle ocorre
cando hai comida familiar este é un tema crispante e case intocable, ninguén vai dar o brazo a torcer
Aquí tamén comezou a campaña eleitoral e estano festexando a bombazos, pero non será preciso carrexar nada, xa logo se arranxan para pór directamente o resultado "como debe ser". Para que andar a ghastar ghasolina.
Non lles vai valer para nada a estos bos cristiáns españolistas...
Ei carballeira!!. Hoxe so veño lembrarche o do sorteo deses botelliñas de Ribeira Sacra e a augardente soberina.
Tamén saberás que ao fio das 18:00 horas podes sintonizar Radio Cornellà a través de internet -hai un link no meu blog-, na que está prevista a intervención dun coñecido blogueiro galego que tentará facer o seu sorteo en directo.
Manda carallo. Nunha emisora catalana!
Isto de carrexar votantes é unha modalidade que puxo en marcha o PP, e digamos que teñen esa idea grandiosa do funcionamento da democracia rexintrada no rexistro da propiedade intelectual...
Por aquí foi unha práctica habitual e inda que parece que quedou un pouco obsoleta, seguen utilizandoa, en fin cousas da Galicia profunda, quero pensar eu.
Bicos.
Pois a ver se contratas un deses veículos para levarche o viño de Arbo á casa.
Foches o gañador do meme do trasteo !.
Ponte en contacto comigo no meu email
pedrossexto(arroba)hotmail.com
E mira que eres afortunado; que tamén tes unha botella de vinho verde da Quinta da Lage en http://alexandraonelight.wordpress.com/
(Nesta última tamén a teño eu; xa que a autora do blog, que sorteaba tres botellas, concedeunos a todos os que nos apuntaramos unha como premio de "consolación".
Parabéns!!!!
Que! Estás carrexando a xente e non fas o sorteo? Serás pillín.
A votar ben.
Aqui hai unha señora que os vai buscar ó asilo e os leva en coche a votar....xa saberedes que papeleta lles pon na man...
Me cagho na tos! Que desgraza.
"Caminante no hai camino, se hace camino al andar".
PP, PSOE, BNG. Todos fan o mesmo. Ata algunhos se permiten a licencia de empregar as figuras dos taxistas para realizar esa tarefa. Tratase da profesionalización do carretador.
E hai que anda a carrexar todo o dia e logo ainda lle queda tempo para chamarlle a atención a outros por facer o mesmo que el fixo.
Hai que valer, e o carallo.
Saudos.
Veño a avisarte, tocouche o botelo no meu sorteo.
A ver como imos facer ou cho mando ou ves a buscalo.
Bicos.
a ver, senhor raposo... nom está nada bem isso de andar a arrepanhar com canto sorteio do traste hai por aí e nom fazer o sorteio propio...
Se perderon as eleccións non foi por méritos do PP, senón por desméritos do BI.
Carrexar, uns máis que outros, leva o premio o PP, nesto teñen moita profesionalidade, os outros son simples aficionados.
Coido que o acontececido e Galicia, non soamente é un problema de caciquismo por parte de algúns. O grande problema está na nosa idionsincrasia, cada galego levamos dentro do noso corpo un cacique sexa da clase que sexa. Vin cacicadas do PSOE, do BNG. Qixeron emular ao Faraón Fraga, pero non o saben facer tan ben como os caciques de maior cuantía e de cuna.
Pode que esté un pouco trabucado, pero as cousas poden ir por ese camiño. Galicia é un pobo moi difícil, para entendelo hai que ler a Biblia de principio a final cen mil veces.
estes indivíduos fixeron ben o seu labor, vaia! por unha vez que alguén do PP faino ben resulta que é ilegal,en fin... agora a chorar un pouco
O carretador xa é un máis de todos nós, vai merecendo un poema, un relato e mesmo un libro enteiro só para el. A sociedade segreda dos carretadores habería que fundar...
Xa máis en serio, cando pasas o día nunha mesa electoral comprobas que a realidade sempre supera a ficción.
Neste País, hai cousas moi pintorescas. E vainas seguir habendo. Increíble
Ola Raposo, chego tarde a este comentario. Eu teño oído falar dos carretadores e teño visto moi poucos, quizais porque non me parei a miralos. Pero de malas mañas dalgúns caciques si teño información abondo. Os votos cautivos, o clientelismo, as coaccións... Algo sempre haberá e mentres non superemos esa etapa, teremos unha demmocracia enferma. Coincido con Chousa en que hai xente insubornable pero tamñen queda quen se deixa manipular e quen se vende por pouca cousa.
Apertas e noraboa polos premios.
E para estos carallos non teran os de tráfico un control?
Publicar un comentario