martes, 3 de febrero de 2009

WESTER II: O FORA DA LEI


En 1976 Clint Eastwood dirixe e protagoniza esta película do oeste, ambientada na época da Guerra de Secesión. Josey Wales é un granxeiro de Missouri que se alista cos confederados cando un grupo de soldados ianquis asasinan a súa familia. Ó remate da guerra ten demasiadas contas pendentes como para renderse e convértese nun fuxitivo acosado por case todos: soldados da Unión, cazarrecompensas, traficantes, comancheiros, indios.
Mentres vai fuxindo dos seus perseguidores xúntase con outros personaxes fracasados e mesmo pintorescos; seres tan perdidos como el neses tempos difíciles e tumultuosos. Derrotado e resentido el tamén busca vinganza, e algo de paz que so atopará cando consiga vencer os fantasmas do pasado.

Esta película salvaxe, violenta e amarga ten algúns diálogos nos que merece a pena deterse.
No desarranxado saloon de Río Santo entra un pistoleiro á procura do protagonista. Antes de que falen as armas ten lugar esta conversa:
Pistoleiro: - “¿Quen de vostedes é Josey Wales?”
Josey Wales: - “Son eu.”
Pistoleiro: - “Búscano, Wales.”
Josey Wales: - “Parece que son moi popular. ¿É vostede un cazarrecompensas?”
Pistoleiro: - “De algo hai que vivir nestes días.”
Josey Wales: - “Morrer non é forma de vivir.”

E este é o diálogo entre Josey Wales e o xefe indio Dez Osos:
Josey Wales: - “Vin aquí a morrer contigo ou a vivir contigo. A ti e a min non nos asusta a morte, é mais difícil a vida cando os seres que mais quixemos foron violados ou asasinados.
Non son os gobernos quen conviven, son as persoas. Os gobernos engánante sempre, deles non se recibe unha palabra xusta nin a loita é xusta. Eu vin aquí a falar ou a loitar, como desexes. Vin para que saibas que a miña palabra de morte é certa e a miña palabra de vida tamén é certa.
Aquí viven o oso, o lobo, o antílope, o Comanche, e nos tamén viviremos aquí. Cazaremos só o necesario para subsistir como fai o Comanche. E en primavera cando marchedes o norte podedes descansar aquí e levar provisións para a viaxe. Esta é a miña palabra de vida.”
Dez Osos: - “¿E a túa palabra de morte?”
Josey Wales: - “Está nas miñas pistolas e nos teus rifles. Aceptarei calquera delas.”
Dez Osos: - “Eso que dis que conseguiremos xa o temos agora.”
Josey Wales: - “E certo, non prometo nada especial. Simplemente déixote vivir e ti déixasme vivir a min. Asegúroche que os homes poden vivir sen ter que matarse entre eles.”
Dez Osos: - “É triste que as palabras dos xefes de goberno sexan falsas. Nas túas palabras de morte hai ferro, todo Comanche pode velo, e tamén hai ferro nas túas palabras de vida. Ningún papel firmado pode impedir que fale o ferro dos homes. E bo que guerreiros como nós nos encontremos na loita pola vida ou a morte. Será a vida.”

Oxalá que a esta decisión cheguen tamén nalgunhas zonas deste malferido planeta.

15 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

as inxustizas utilizan todas as mismas palabras...
(sin ter que ver co post, a min gustame moito clin eastwood como director, moito mais ca coma actor)

pero eu viña aquí por outra cousa: viña liarte para o meme ese dos productos da nosa terra; pero como me extraña moito que non o teñas aínda, supoño que non o queres facer, entendocho ben! e un embolado, bueno, eu tiña que por tres e puxente a tí, pero raposo, non tés porque ir pola galiña!

bicos

Carlos Sousa dijo...

Se iso poidera ser. Ó final as palabras non deixan de ser palabras, e a humanidade seguirá a matarse entre ela.
Cantos xefes indios quedaron despóis de tantas palabras?
É así, a especie humana é o que ten, busca de poder a custa do que sexa.

Sei que é moito pesimismo, pero non vexo moito arranxo.

Chousa da Alcandra dijo...

De rapaz vin moitos "werterns". Gustábanme, incluso con aquelas doblaxes con acento mexicano que empregaban entón (tampouco había moito máis que ver).
Pero o que eu quería dicir é que -a parte dos papeis de malos malísimos, cando aos indios lles daban algo de protagonismo, resultaban ser uns filósofos de moito carallo. Con tempos verbais mal conxugados, pero que compoñían frases produndas de carallo. Por iso despois, cando xogabamos á "indios e vaqueiros", a min gustábame ser indio.

Cecais reminiscencias da infancia: ainda hoxendía gústame facer o indio!!!

Zeltia ten razón en que é un embolado o dos productos galegos; pero...eu anímote tamén a que o fagas oh. E de paso ven coller número do pan de Antas ó meu blog, que penso que ainda non o tes

Apertas, forasteiro

Ra dijo...

Desde el título ya me había enamorado... ;)

Mua.

Suso Lista dijo...

Son moi bos eses diálogos. É o que hai, ahora y siempre, por los siglos de los siglos. Apertas

Barreira dijo...

O xenero dos wester nunca foi o meu preferido pero Eastwood e un xenio, tanto como actor como director.
A vida é un ciclo continúo de repeticións e desafortunadamente as cousas malas tamen se repiten. En tempos de guerra ansíase a chegada da paz, pero en tempos de paz imos paseniñamente cara a guerra, de novo.
Saudos.

Anónimo dijo...

Aquí repártense memes coma balas (eu deixéiche un por se caes na tentación). Nestes homes do Oeste adiviño un punto mesiánico.

Torreira dijo...

Xa sei que decirlle logo a eses cazarecompensas cando veñan por nos raposo...apertas

LM dijo...

"Non son os gobernos quen conviven, son as persoas." esta frase é fantastica!
beijos

Anónimo dijo...

Se non había indios, as películas do oeste non tiñan aliciente para min.

HADEX dijo...

Eu teño un trauma infantil......foron moitas pelis de vaqueros para o meu pobre cerebro....Non as soporto!!!

A Conxurada dijo...

Recolle os dardos do meu blogue.

Paz Zeltia dijo...

Raposo, telo 8 para a botella de viño da ulla.
¿e tí qué? non sexas nogallán!

Chousa da Alcandra dijo...

Ánimo con ese trasteo de produtos galego, Raposo!. Que eu xa teño argallado o xeito de enviar o pan e mailo queixo de Antas no día a calquer lugar de Galicia. Así que ven buscar o número axiña

E convido tamén aos comentaristas deste blog a que se animen a participar.

Non vos demoredes, forasteiros!

Anónimo dijo...

Para que despois digan que as de vaqueros só queiman polvora e non argumentos!!!!