Este domingo estiven de sendeirismo polas fragas do Eume. Poderíavos poñer aquí unha foto das susoditas fragas, das ladeiras do Eume, do mosteiro de Caaveiro, dalgunha fervenza... pero o mais curioso que vin foi esto: un canastro desafiando a lei da gravidade, esforzándose por manter o equilibrio, agarrándose con unllas e dentes (é un dicir) ás pedras que lle serven de soporte, ó mesmo aire. Eso ou unha nova tendencia de arquitectura etnográfica, que tamén pode ser aínda que eu non lle acabo de atopar moita utilidade.
15 comentarios:
O vento forte xa pasou! Pobre cabaso!
a min dáme mágoa.
e coma a testemuña das tradicións que pasan, do que foi e xa non vai volver ser, pero se resiste a irse.
Pois penso que eu xa o vira así hai dous anos....e ata teño que ter algunha foto así que mira ata onde chega a resistencia....
Está ahí-ahí... :)
Se hai dous anos xa estaba así, si que che ten equilibrio o canastro este.
É unha pena que se deixando caír. Agora igual se mira máis por eles pero o mal ven de atrás, chegado a un punto como este, da moito traballo recuperalo.
Este víñame moi ben, que estou sacando fotos de canastros da zona para facer un post, e a maioría estan un pouco "fodidos", pero non tanto
Pásame como a Zeltia; dame moita mágoa. Pero tamén me entra un cabreo supino. Non entendo como se pode deixar morrer unha sinal de identidade tan fermosa e senlleira.
(E despois falan de Pisa; aquí tamén desafiamos á gravedade!)
As Fragas do Eume son unha maravilla, elixiches ben o destino....
Sobre o hórreo, sen comentarios......é unha desas cousas Madeingalicia
A pesares de todo, fermoso.
Bicos.
Iso é arquitectura aerodinámica. Ha perdurar ata que canse.
Saudos.
Ben curiosa a foto, as persoas deberíamos aprender a resistir así as tempestades.
É como a vida. O corpo vaise desfacendo co paso do tempo, ata desaparecer. Pero iso non significa que a xente, e as cousas (se a xente somos cousas é outro tema), deixen unha pegada no mundo.
Apertas!
semella o camiñar dun santo na procesión.
É diferente e, polo tanto, especial. Outro no seu lugar sería un montón de lixo.
tal e como veu o inverno... gracias está en pé...
Duran o que duran.
Sempre me resultou curioso que tenhan as caidas a catro augas por esa zona de Galicia.
Publicar un comentario