No número 14 da Travesía de Vigo hai unha cervexería, “La Poesía del Maestro”, que debeu pechar fai pouco. Hoxe pasei por aí e non puiden resistir a tentación de sacarlle unhas fotos co móbil ( a calidade non é moi boa) os carteis que ten posto con motivo do peche.
Podedes premer nas fotos para amplialas e ler mellor.
A poesía está copiada dun soneto de Sabina, titulado “Puntos Suspensivos”, que figura incluído no libro “Ciento Volando de Catorce” que o de Úbeda publicou no 2001.
Agora ben, as aberrantes faltas de ortografía corren a cargo do dono do local, un tal Moncho supoño.
Podedes premer nas fotos para amplialas e ler mellor.
A poesía está copiada dun soneto de Sabina, titulado “Puntos Suspensivos”, que figura incluído no libro “Ciento Volando de Catorce” que o de Úbeda publicou no 2001.
Agora ben, as aberrantes faltas de ortografía corren a cargo do dono do local, un tal Moncho supoño.
13 comentarios:
Así, como no meu andar, tampouco é que lle mire tantas faltas, como moito tres ou catro, aparte dos espacios e demáis...
Pero bueno, se o escribiu Moncho... que carallo.... A maneira del...
Unha aperta raposo
Otal Moncho debía estar nun momento moi lúcido,ou ben pola cervexa non se fora a estragar polo peche,ou feridiño de todo,ai os puntos suspensivos..........................
O que non se lle pode negar a Moncho é que é moi orixinal. Agora ben, co primeiro cartel abondaba, o segundo coido que é unha secuela de tanta programación de salsas rosas coma nos inxectan. Un chega a crer que ao resto do mundo lle interesan (de verdade)os puntos e comas das nosas lideiras.
co cómodo que sería un copia + pega directamente no documento word!
eu non concordo coa doutora,
é o seu local e pon o que quere!
gústame o moncho ese, con un par, si señor, porque haberá que ver os comentarios dos clientes do local, cando van botar a partida, dese blandengue sabinador.
Eu tamén penso que co primeiro cartel, e se quere engadirlle uns puntos suspensibos, xa tiña abondo; pero queda claro que Moncho quería facer apoloxía do escarnio en palabras de Sabina e ...por non copiar e pegar...saliu o que saliu.
Así e todo a xente ten moita capacidade creativa. Da gusto, karayo!
Cerranse mais dos que se abren,non sei se é por motivos persoais ou financieiros.
Sigo pensando que se lle fae mais caso as cousas "malditas" que as "bendicidas".
Unha apreta
Mi madriña!! Cantas faltas ten...........pero dende logo o cartel é orixinal....
¡Menuda indirecta a Rouco Varela! (Muchos hablaran de Dios y serán el diablo en persona).
Estou con Zeltia, gústame o Moncho ese, un valente, todo un carácter, si señor
Vaia. Parece que pasamos polo mesmo sitio.
Eu tamen publiquei esta mensaxe que me resultou ben curiosa.
Saudos.
cómico sí que é, miña nai querida!!
pobre tipo, non o debe estar pasando moi ben se chegou a isto
apertas
Tamén pola miña veciñanza fechou un bar por motivos personales pero non os especifica tanto.
Que o futuro vaia ben a todo o mundo ( seguimos precisando de bares ).
Pois a min particularmente encántame que a poesía saia dos espazos que históricamente lle son propios, e invada outros axenos. O das faltas ortográficas non é tan grave, e amáis queda subsanado con esa indirecta a Rouco (eu non fora quen de ler tanto entre liñas jijiji.
Os motivos persoais poden ser moitos e variados, pero non nos incumben. Inda que ben pensado poderiamos poñernos a aventurar.
Eu digo que Moncho namorou dun cliente que non lle facía caso. E ante o insoportable que se lle facía velo cada día, decidiu pecha-lo bar.
FErmoso xeito de botar o peche. É ben creativo e as faltas, pois bo, quizá moncho é tan creativo que ata iso.
Grazas por o teu paso por meu blogue,
Enlázote.
Bicos.
Publicar un comentario