Compracendo xentís peticións vou falar un pouco do concerto de Sabina en Vigo. Esto non é unha crítica (nin eu a sei facer, nin sería obxectivo) senón unhas pinceladas sobre a actuación. Para que vos fagades unha idea, vamos!
Pasaban uns minutos das 21:30 h. cando empezou a soar un enlatado "Blues del Alambique" e a voz rota de Sabina fixo enmudecer o pavillón mentres unha pertinaz néboa envolvía o escenario. Cando se disipou foron entrando os músicos e o final Joaquin, traxe azul marino e o clásico bombín.
Os primeiros temas foron do seu último traballo: "Tiramisú de limón", "Viudita de Clicquot", "Parte metereológico", para despois ir alternando temas novos coas cancións de sempre, que a peña entregada coreaba con ganas.
Escenario sobrio quizais buscando a intimidade e a complicidade co auditorio, o que de certo conseguiu. O fondo un panel cunha cidade que se intuía bohemia, musical e acolledora.
Estaba cómodo o de Úbeda e notábase, dedicou os consabidos guiños o público e uns versos a Vigo; incluso se permitiu bailar (cun estilo simpático-canalla) nalgunha das cancións.
Tiráronlle un sostén que soubo poñer con gracia encima do bombín, e no fondo, arriba de todo, moi preto de min uns rapaces despregaban de cando en vez unha pancarta na que se lía: “Joaquinito mira y saluda”. Vale, non foron moi orixinais pero o que conta é a intención.
Con el fomos a Praga "a fundar una ciudad / una noche a las diez de la mañana". Soubemos que "las canciones de amor que no quisiste / andan rodando ya por las aceras"; que “la verdad es solo un cabo suelto de la mentira”; e que “hay mariposas de arrabal / que nunca aprenden a volar, / vinagre y rosas a la hora de cenar”.
Non podían faltar, claro, os temas de sempre: “Medias negras”, “Calle Melancolía”, “Y nos dieron las diez”, “19 días y 500 noches”, así como Pancho Varona e García De Diego facendo os seus pinitos.
Foi xeneroso cos bises e deixou para o final dous temas cañeros e cómplices como “La del pirata cojo” e “Pastillas para no soñar”, cando xa a maxia fixera subir moito a temperatura e as mans e os pés non podían estar quietos.
Botei de menos a voz feminina e sensual de Olga Roman (non veu nesta xira), e que non incluíra no repertorio dous temas do seu novo álbum: “Menos dos alas” e “Violetas para Violeta”.
Pero non se pode pedir todo ¿verdade?
*As fotos que saquei co móvil quedaron mal así que pillei esta pola rede.
19 comentarios:
Que envidea me das,a qualquera lle dan ganas de poñerse a corear e a saltar coas suas cancions.
Xa tes unha noite mais pa recordar.
saúdos
Home, a crítica obxetiva pola túa parte sería bastante complicada (igual que se a tivese que facer eu), pero saíuche moi ben, merecedora de saír na prensa.
Alédome que disfrutaras, poñénseme os dentes largos só de pensalo. Da próxima non pasa (sempre digo o mesmo).
Apertas
Eu tamén estiven por alí, e tamén pensei, á saída, que se botaba moito de menos á Olga Román. Vin a Sabina moito máis lento nos movementos, vese que a idade non perdoa, pero saín co mesmo chute de enerxía de sempre.
Gustoume a túa crónica, raposo.
Qué envexa! Sana ehh!
Sempre merecen a pena os concertos de Sabina, se lo curra el tio :).
Alegrome que o disfrutases.
Un bico
Se é que o escoitou, que tal está o novo disco de Sabina? Porque o penúltimo é moi esquecíbel... En canto os concertos (eu vino en Ferrol hai anos) se está en forma, non defrauda, sobre todo cando ataca cos clásicos.
saúdos
Nótase que viviches con intensidade o concerto.
Eu non renego nadiña de Sabina; pero teño a alma demasiado folqueira e...é o que hai!.
Apertas
E a que será debido que ás veces Blogger "cómeme" parte do nome?. Gustareille tanto como Sabina ó Raposo?. A saber...
morro de envexa!
a próxima vez leva unha camariña, ho!
bicos
sabina é o poeta das putas e dos borrachos.
da penumbra e do suor.
da vitalidade e a malencolía.
do sexo e do desamor.
dos suicidas e os soñadores.
dos tristes e dos canallas.
dos mullereiros e das solteironas.
dos feridos e dos que firen.
dos que apuran a vida e dos que a desexan.
voz non terá,
feo será,
vello tamén irá,
pero é o poeta das barras dos bares,
dos antros con fume,
das camas baleiras.
viva sabina, coññññño!!!
Bo resumo...
Disque non collia un alfiler no pavillón. Pois alegrome de que o pasarades ben.
Saudos.
Me alegro mucho de que haya salido todo tan bien. Supongo que tal como se esperaba de Sabina.
Bicos.
gustame moito a do pirata coxo! bueno, hai outras moito mellores, pero a esa téñolle un especial aprecio.
Eu tamén estiven...andabas collendo apuntes para facer unha verdadeira crítica, que digo que foi obxetiva. Máis non contas nada de como terminou a noite eh. Biquiños
Por aquí llega el 22 de diciembre, creo, que es cuando yo no sé si voy o vengo...este hombre siempre me hace igual :D
Qué envidia, Raposo.
Agardo que o pasases ben, por certo, pasate por paxaradas se queres ver o resultado do sorteo. SAúdos e apertas
Non se pode pedir todo, sobre todo cando non se pode pedir nada. Pena que non nolo poida vostede cantar, señor Raposo.
Raposo: Unha crónica moi lograda, poética, acolledora, tenra. Anque non son moi de Sabina recoñezo a seu valia. Alégrome dese goce que tamben soubeches transmitir
Un saúdo
seica afogaches coa chuvia destes dias?
;-)
pois xa saiu o sol, raposiño!
Publicar un comentario