martes, 3 de noviembre de 2009

SABINA EN VIGO


O 24 de novembro Sabina actúa en Vigo, no pavillón das Travesas.
Estades avisados.

32 comentarios:

Senda dijo...

eu xa teño a miña entrada dende fai unha semana, iuhuuuuuuuuuu!!

fonsilleda dijo...

Irreverente Sabina, con tantas cosas que decir...
Bicos

Paz Zeltia dijo...

home, grazas, raposo...
pero non sei como hei facer, sendo pobre:
entrada, cea, hotel...
terei que conformarme con escoitalo nun CD no coche (que é onde máis música escoito)
pero xa farás unha reseña!

-acepto donativos-

BRABIDO dijo...

Esperemos que os organizadores non cometan o érro da pasada actuacion. Moitos quedaron fora coa entrada na man.

Pisa el acelerador

BRABIDO dijo...

Esperemos que non traea a Guti,xa que agora non xoga o balonpe je je je.Menudo fichaje fixo o Sabina.

SAUDE

Deambulando con Artabria dijo...

Pois non vou ir, pero avisada quedo........ ;-)

Chousa da Alcandra dijo...

E...onde queda Vigo?
(Falo con respecto a Antas)

Raposo dijo...

Senda: eu tamén.
Fonsilleda: irreverente si, y "al que no le guste que se joda", slogan que fixeron sobre el na Ser e que me parece atinado.
Zeltia: no coche tamén está ben, pero o natural mellor.
Chousa: como diría un amigo meu: "detrás do cú a man dereita".
Por certo, este fin de semana actuou en Sober un grupo de teatro de Antas (agora non lembro o nome, e tampouco os fun ver, que tiña magosto).
Brabido: si me entero que ven Guti racho a entrada, mecagonatós!!!
Artabria: non che vou dicir que aínda estás a tempo de cambiar de opinión porque creo que xa se esgotaron as entradas.
Apertas a todo@s

Xan dijo...

Compañeiro Raposo, estiven a non opinar para non vapulear o teu ídolo, pero pensei que un pouco de contrapunto sempre está ben jejeje.
Sabina, como letrista e interprete de voz ronca non me parece mal de todo Pero o Sabina comenencía adulador do felipismo na época da corruptela feroz, para formar parte do sindicato que actuaba nas ciudades con alcalde do PSOE( mollarse por comenencia) incluso compuxo unha canción contra o califa (Anguita) diciendo que era tirar o voto. A partir de ahí xa soio o considerei un trapalleiro interesado. Teño que confesar que nunca votei a Anguita pero eso non quita que o considerara unha persoa honesta a quen sempre respetei e admirei, cousa que nunca farei con Sabina que agora acordae qu ZP non aplica políticas de esquerda. Non mo tomes a mal.
Unha aperta

Son Unha Xoaniña dijo...

Pois eu voy facer por ir, a ver si se pode.
Apertas

Unknown dijo...

Pena me da, tenerlo aquí y no poder ir a verlo.
Disfruta y cuentanos cosicas del concierto.

Besicos

Raposo dijo...

Xan: a miña admiración por Joaquín céntrase no terreo musical e sobre todo letrista. Antes que cantante Sabina é un poeta e escribiu algunhas das mellores letras de cancións do últimos 30 anos.
Descoñezo que canción compuxo contra Anguita (si tes mais datos agradecíachos) e éxtráñame que o fixera porque na época do felipismo Sabina estaba bastante mais a esquerda do Psoe e lembro terlle escoitado a súa admiración e simpatía por Anguita e mesmo por Santiago Carrillo. Incluso unha vez se presentou por Esquerda Unida no seu pobo natal.
Tamén é certo que mais tarde (xa neste século) manifestou públicamente o seu apoio a Zapatero.
Por suposto que hai ideas de Sabina que non comparto pero, repito, eu analizo sobre todo a súa traxectoria musical. E ante esa, compañeiro, quítome o sombreiro, ou a pucha si prefires.
E, por suposto, que non tomo a mal as diferencias de opinión. Polemizar con respeto e moi instructivo.
Apertas.

hormiga dijo...

a min o sabina de agora non me gusta, o de antes si. teño ido a moitos concertos del, pero como que me desnamorei xa.

Xan dijo...

No álbum “19 días y 500 noches” o tema en concreto Como te digo una “co” te digo la “o” que resulta ser un monologo cas suas opinions no tema de Anguita di ¿Y que vas hacer? ¿votar al Califa? Desengáñate será muy honrao no digo que no, y trabajador y pico de oro pero desfasao… esto foi composto en xaneiro de 1998 en plena corrupción felipista con Solchaga e Boyer aplicando políticas claramente de dereitas. Serrat, Sabina, Miguel Rios, Víctor Manuel, Ana Belén teñen discursos de boquilla de esquerdas pero sempre están no pesebre para facer conciertos(caixa) nas ciudades gobernadas polo PSOE e cando o buque se hunde fan que discrepan como agora que firmaron un manifesto contra Zapatero dicindo que non aplica políticas de esquerda(fai un ano, si?). Estou contigo no de poeta e no das composicions. Desexo que os seus seguidores disfrútedes dun bo concerto
Unha aperta

Raposo dijo...

Xan: home, eu esa canción (xunto con outras que escribiu como "Cuernos", "Ataque de Tos", etc.)sempre considerei que había que escoitalas nun sentido irónico-cachondo e non o pé da letra, pero vale.
Dous detalles: ese álbum creo que é de 1999. E en todo caso no 98 non se pode falar do felipismo. Desde o 96 xa gobernaba (ou malgobernaba) España Aznar, e tanto Solchaga como Boyer xa estaban retirados da política activa, ou sexa que a corrupción e a política de dereitas, en todo caso, a farían outros.
Apertas.

Xan dijo...

Si e certo que estaba o PP neses anos pero non e menos certo que eso sucedeu e que a esar de haber sucedido Sabina neses anos seguia botando en falta a bodeguilla e a sua carteira. Para min o Sabina do principio e dos principios morreo xa fai demasiados anos como Victor Manuel e outros que abandonaon a esquerda en pos dos seus negocos anque de boquilla de vez en cando fanse esquerdosos. Pero omo di o refran. non mires o que dio senon o que fago. De todas formads ter puntos de vista diferentes e saudable. Eu respeto os teus tamén , é certo que hainos moitos peores nos dous sentidos. Música e ética.
Unha aperta

Sun Iou Miou dijo...

Non sei onde se venden as entradas pola net. Alguém me pode axudar. Ou é que xa están esgotadas? Mira que o levo intentado. Estou que morro por ir!

Anónimo dijo...

Eu son da opinión de que tampouco é moi xusto pedirlle que porriba sexa bo rapás ;))
Por gamberro que sexa (din que o é...)hai que recoñecer que nos ten feito a vida máis agradable.
Polo demáis isa condanada metrópoli queda alonxada demáis (alonxada de aquí,digo), así que ha ser pra outra.
Pero gracias por avisar. É un detalle.

Saúdos de invercho achegado.

Raposo dijo...

Sun iou miou: pois creo que xa están esgotadas. Vas ter que ir a reventa!!

Maribel-bel dijo...

Tentarei ir, sen dúbida. Para estar na cova sempre de moitas cousas te enteras!! A ver si hai entradas. Bicos

sinistro dijo...

Onde é que se mercan as entradas? Esgotaron xa?

São dijo...

Ficaria mais feliz se me informasses de que actuaria aqui, em Lisboa, rrss

Bom domingo.

Nébeda Piñeiro Barros dijo...

Alí estaremos, quitándonos o sombreiro.

Raposo dijo...

As entradas podíanse comprar en Caixanova pero xa hai días que se esgotaron.

Ra dijo...

Este hombre siempre tan por encima de los cerros de Úbeda... :D

paidovento dijo...

Gústame Sabina, pero non creo que vaia velo. Grazas polo aviso, de todos xeitos.

Eni.g.ma dijo...

haberá que ir... aínda que prefiro o de antes...

vermella dijo...

Que envexa!eu sempre que ven a Coruña vou,e tamén iría a Vigo pero non me enterei a tempo,xa contarás.........
bicos.

busto.agolada dijo...

Eu non poderei estar pero espero que todos gocedes desa estupenda mestura de música e poesía.
Saúdos

vintxuca dijo...

sabina abriume os olhos xa fai tempo con aquela cantiga que di...

”en mi casa no hay nada prohibido
pero no vayas a enamorarte,
con el alba tendras que marcharte,
para no volver
olvidando que me has conocido
que una vez estuviste en mi cama…
hay caprichos de amor que una dama
no debe tener”

unha aperta e avisados quedamos do acontecemento.

Mer dijo...

uy, ao primeiro lin "estades convidados", de tódolos xeitos eu non podo ir... problemas de diámetro básicamente.

Pasádeo ben os que vaiades

Unha aperta.

Carlos Sousa dijo...

É unha pena, eu non fixen moita ilusión por ir e agora estame entrando unha rabia...
Para min foi un dos meus ídolos musicáis, aínda o segue sendo, de aí a miña pena. Comparto a túa opinión sobre as letras.

Disfruta entón do concerto.