jueves, 7 de enero de 2010

CARA OU CRUZ


Seica Belén Esteban cambiou a CARA a golpe de talonario.
A Berlusconi, e xa era hora, rompéronlle a CARA.
¿CARA ónde vai este mundo despois de que o cumio de Copenhague rematase nun vergoñento fracaso?
Por reis un pai non lle puido mercar a playstation o seu fillo: demasiado CARA.
¿Terás CARA?, disme e nos teus ollos creo albiscar un xesto entre enfadado e pícaro.
E a mal tempo boa CARA (ou viceversa).

13 comentarios:

Maribel-bel dijo...

Belén Esteban tivo a maior audiencia o día de fin de ano. Quitáronlle unha semana(según Gila)o seu rostro. Os rapaces non se lles nega nada, porque así, construímos un mundo perfecto, e cando medren dirán que chocar contra os obstáculos non forma parte do seu vivir. Bicos de neve

Chousa da Alcandra dijo...

CARA-llo!, sí que lle sacaches ti partido á faciana. E todo pola cara...

(O de que Belen Esteban se quitou unha semana no quirófano estivo moi ó xeito jajaja).

Saúdos nevados dende a Chousa

Carlos Sousa dijo...

O de Belén Esteban, máis ben me parece unha cruz que hai que aturar. A ver canto tarda en estragar esa semana que lle sacaron do careto.

Tamén podes seguir visitando "Dende Areas CARA á Ponte", jeje, sempre que me poña ó choio.

Sorte neste ano

paidovento dijo...

Moita CARA, pero tal e como se albisca o horizonte (medio ambiente, economía, lingua...) parece que imos de CU. Boa banda sonora, si señor.

Paz Zeltia dijo...

oh o vello rosendo! canto tempo...
da gusto atopar sorpresiñas, ademáis de ese xogo das caras, nas covas dos raposos.

e voume poñer un pouco lixeira, se che parece ben, que con iso non perde nin un chisco de seriedade este blog,para contar unha anécdota que me recordaches con tanta cara:

estaban a falar dous tios na porta do bar un domingo mentres tomaba a tapa de callos con ribera, e dicia un deles:
-dígoche que tiña un corpazo! buah, que tía neno, qué feituras, vaia caderas... e as tetas non che digo! as tetas máis bonitas que vin na miña vida, nin grandes, nin pequenas, ben postas no seu sitio. buff e as pernas,
duras coma columnas, torneadas, nin gota de celulite, uns muslos que te volvias tolo, e que eu nunca antes estivera cunha muller cunhas pernas coma as dela!
¿e xa che dixen que tiña o cú máis bonito que vira na miña vida?, unhas nádigas redondiñas, que me volvían tolo!
buah! un corpazo!, que corpo, rapaz, non me sae da cabeza corpo semellante!
-e de cara, que tal?
-buah tio, carísima!

Deambulando con Artabria dijo...

A boa cara hai que tela sempre, polo que poida pasar.......máis vale unha sonrisa.....

Moraima dijo...

Comparto opinión con Chousa!

Benvido de novo querido Raposo!

BRABIDO dijo...

Ae moito cara dura,todos temos unha cara oculta,ole pola rapaza se pode vivir da sua "cara".Teño leido de que quen lle partiu a cara o italiano foi un pintor,e agora seus cuadros subiron de valor,este fixose famoso pola "cara".

Saúdos con cara de frio.

Xan dijo...

Eles/as teñen moita cara e nos moita inxenuidade por merendar esa carnaza tosca e inculta.
Un saúdo

São dijo...

Bom exercício sobre a polissemia da CARA!

Apertas e feliz fim de semana, com pouco frio.

paideleo dijo...

Agora falta a cruz...

xenevra dijo...

Cara de can que se nos queda algunhas cando vemos cara onde queren levar o noso país eses que non dan a cara e que nunca falan cara a cara, senón que voltan a cara e marchan coa nosa dignidade, coas nosas cara-cterísticas, o que é de noso.

un saúdo cariacontecido polos feitos que se aveciñan; non lles dou posto boa cara.

ekis1331 dijo...

Eu escarállome por non chorar...