Non lle foi mal a Kevin Costner en 1990 no seu debut detrás da cámara con este wester nunha época na que o xénero estaba de capa caída. Conseguiu 7 oscars, entre eles o de mellor película e mellor director. A destacar tamén a fotografía de Dean Semler e a excelente banda sonora de John Barry.
O tenente John Dunbar, cansado e desenganado da guerra, solicita ser destinado a un remoto posto militar porque quería “ver a última fronteira antes de que desapareza”.
Alá, só nun destartalado forte, entra en contacto coas inmensas praderías, coa natureza e cos indios sioux. Aprende a respectalos, a comprender a súa cultura e despois a querelos.
E John Dunbar que foi buscando a última fronteira acabouse encontrando a si mesmo e converténdose en “Sumani tu tonka ohuachi”, o que baila con lobos.
Película ecolóxica, con imaxes cheas de lirismo, espacios abertos, unha defensa da natureza e do desenrolo sostible (verbas tan en boga hoxe en día). Película que supón, o meu ver, un dos mais honrados achegamentos a cultura dos pobos indios, lonxe dos estereotipos tan inxustamente mostrados na maioría dos filmes que os definen como rudos salvaxes e asasinos sen escrúpulos. Unha mirada reflexiva sobre o seu mundo, os seus costumes e o que significou para eles o brutal choque de culturas coa chegada masiva dos rostros pálidos.
Por suposto, que tamén matan, teñen liortas con outras tribos e defenden o seu territorio coa sangue si é preciso. Pero son un pobo culto, orgulloso, xeneroso, espiritual, amante da familia e das tradicións, que convive en harmonía coa Nai Terra sen o desmesurado egoísmo e ambición do home branco, que coida os recursos naturais porque sabe todo o que significan.
Mentres sostén na man o casco dun conquistador español, o vello xefe indio Dez Osos dille o tenente Dunbar :
“Os homes que levaban esto viñeron hai moito, na época do avó de meu avó. Conseguimos botalos. Despois viñeron os mexicanos que xa non veñen. E na miña época os texanos. Todos se comportaron igual. Collen o que lles peta, sen pedir permiso.
Non sei si estamos preparados para esta xente. Pero tes razón, seguirán vindo.
Cando penso nesto miro este casco. Só temos este pais. Loitaremos por el.”
E loitaron, e perderon, porque na vida real os bos non sempre ganan.

17 comentarios:
Vin esta peli no cine co meu fillo cando él tiña creo que cinco anos, pensei que se cadra me tiña que sair do cine porque ao neno se lle faría moi longa, e para nada, o neno estivo ben atento toda a película e ao final empezou coa ristra de preguntas, que porqué mataban aos indios, que porqué non podía quedar o tenente cos indios, etc, penso que quedou esa peli na sua memoria para sempre, así como os tatanka, ata quería aprender o idioma dos indios.
Fermosísima película que conta unha historia que se sigue repetindo en calquera parte do mundo. Non aprendemos nada.
Eche dos meus elexidos como director,actor e productor,esta peli e unha das mellores,logo houbo unha cuio titulo era waterworld a cual a min non me defraudou pero a critica non lle gustou nadiña,a ultima que vin foi "el ultimo voto"moi entretenida.
Seguimos comportandonos coma seres humanos,eche o que ahi.
Saúdos con choiva
Unha película preciosa que nunca fartei de mirar e remirar (creo que xa van sete veces).
Pois eu aínda non a vin, nin me chamaba a atención, os weters non son o meu, pero despois desta descripción creo que me entrou o gusanillo, haberá que vela.
Biquiños
Fermosa película e atípica no seu día no tratamento do tema. Paga a pena vela un cento de veces.
Raposo, este ano aprendín moitísimo dos indios estudiando as fotografías de Edward Curtis e de W.H Jackson, dous fotógrafos admirables que fai ben anos marcharon cu equipo pesadísimo (as cámaras de antes non son como as de agora jajajaa) a facer fotos a moitas tribus, parece un mundo apaixoante. Bos recordos trae esa peli.
Vin a pelicula unhas cantas veces e gustoume moito
Magoa, seguimos igual.
Éche ben verdade, na vida real os bos non sempre ganan. Non sei en que porcentaxe o farán, pero non creo que sexan moitas veces.
A película encantárame, e se cadra voltarei a vela, que a tiña nun Cd na casa (Teño que rebuscar...).
E o personaxe de "calcetines" que? (camábase así, non?), menudo papelón.
Papelón de K.C. nun film complicado de carallo. A min gustoume nas varias ocasións que a vin.
Apertas
Un veciño teu de Gundivós, co que compartín estadía en certo Colexio relixioso lucense fai xa unhas cantas lúas, era un fanático das novelas "de vaqueros" da época. Hoxe é un afamado pintor/escultor. Sabes de quen falo?. Inevitablemente, cada vez que vexo un western, non podo evitar lembrar a M.
Amei "Dança-com-Lobos".
Que é feito de Costner?
Apertas
Chousa: supoño que te refires a Modesto Trigo. Hai un montón de anos que non o vexo,creo que ten o seu estudio en Madrid. Non coñezo moito da súa obra pero ten unha ben merecida fama e fai uns anos fíxonos o cartel anunciador da Feira do viño de Amandi.
E, quen sabe, o mellor tamén pinta cadros da temática wester.
E falando do oeste, lembrar que Kevin Costner dirixiu e protagonizou anos despois outro meritorio wester, Open Range, no que tamén actúa un estupendo Robert Duvall.
Apertas a todos-as.
non volvín ver a peli ésta, dende hai tantos anos xa, cando no cine, entrei pola enorme pantalla para sentir o aire das inmensas praderas.
encantárame esa peli
¿cómo foi que non volvín vela?
teño gana de saber cómo a vería hoxe...
lástima que xa non ha poder ser na enooorme pantalla.
moi real a reflexión final.
Sentinme moi ben, as paisaxes con ese aire de natureza viva, limpa. Os guións e a historia contada dende a sencillez da realidade. Eu cambiaría o protagonista, Kevin Costner non me gusta como actor, non me transmite. Sempre pensei que un home de teatro inglés sería un intérprete perfecto. Unha aperta
Pilloume moi noviño, apenas a lembraba, pero pola crónica que lle adicas ben merece revisitala... descarga engadida á lista do amule.
Ufff... Kevin Costner... non sei se poderei...
Sempre me gustaron os que perderon. Non sei por que. Debe deser algo relacionado ca xustiza, non sei...
Publicar un comentario