Con tan só 19 anos escribiu La chica de ayer, unha das cancións mais emblemáticas do pop nacional. Despois virían outras: Una décima de segundo, Luz de cruce, El sitio de mi recreo, Se dejaba llevar,...
Antonio Vega: intimista, nostálxico, confuso, tormentoso, poeta.
Viviu nunha época de excesos onde só importaba o presente, a raia que separa o ben do mal era demasiado tenue como para decatarse de que lado se estaba. Compoñendo foi un anxo e pisou a moqueta do éxito pero os demos cotiáns levárono o inferno escuro das drogas.Coñeceu o reverso tenebroso da vida e entre o caos e a poesía camiñou perdido por labirintos indescifrables pisando de madrugada sendeiros que parecían sen saída.
Prematuramente avellentado aínda así había luz no seu rostro enfraquecido. Unha estraña aura emanaba da súa figura.
Antonio Vega deixounos o 12 de maio do ano pasado e quixo a casualidade (ou causalidade) que a súa derradeira gravación fora unha canción de Leño para un álbum de tributo-homenaxe a este grupo que tamén foi do mellor do rock urbano deste pais.
Os xenios sempre acaban por xuntarse.
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
miércoles, 12 de mayo de 2010
ESE MOZO TRISTE E SOLITARIO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Desa tandada saíron moitos xenios da música, o malo é que moitos tamén cairon no mundo das drogas e non poideron superalo. Antonio Vega xa forma parte dos mitos.
Ay.
Non sei se para ser poeta é conditio sine qua non ter un chisco de nostalxia, un toque de tormentos e un certo aire intimista; pero dende logo en Antonio Vega conflúen -como ti dis- todos os adxectivos que acadan o sustantivo de xeito sublime.
Joder, como me enrollei!
Antonio Vega,Enrique Urquijo,Antonio Flores.........Grandes monstruos da musica.Sempre me quedara a imaxen palida do seu rostro e da sua voz nostalxica.
Demasiado tarde para compreder
ai raposo! cantas cousiñas novas ía vivindo eu con la chica de ayer de fondo!
paréceme raro que tanta xentiña da miña xeneración xa sexa pasado...
La chica de ayer, la tengo en el corazón. Que recuerdos...entre tantos otros fue un genio. Como me gusta la música de esa época.
y esguimos sin poder olvidarte....
gracias rapo pola semblanza, un pracer a visita, coma sempre
apertas
Un dos grandes sen dúbida.Ademáis tes razón tiña algo especial..un non sei que...En todo caso eu estoulle agradecida pola boa música que nos deixou.
Bicos
encántame Antonio Vega, era un auténtico xenio
Donde nos llevó la imaginación
donde con los ojos cerrados
se divisan infinitos campos...
Publicar un comentario