domingo, 5 de septiembre de 2010

UNHA DE BALNEARIOS


Xa sei onde teño que pasar uns días se quero recuperarme dos excesos do verán, dos estragos do sol e da noite, do abafo dos termómetros e desta tristura de ver tanto monte galaico/portugués chamuscado.
Aí podo fortalecer o espírito, probar augas minero-medicinais, recuperar o ton físico e muscular. Poden darme baños de hidromasaxe, coidados faciais, unhas fregas relaxantes polo lombo e polas miñas cansadas poutas.
E todo esto venme moi ben tendo en conta que onte participei na VIII Andaina Popular de Ribeira, 50 km. por terras barbanzanas. Pouco para un raposo dirán algúns, pero hai que andalos digo eu!!!!

14 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Pois merecido o tes despóis da camiñata, que por outra banda tiveches que disfrutala ben.

E nese balneario teu, non haberá sitio para os amigos, aínda que sexan virtuais? E de gratis, claro.

Unha aperta

Unknown dijo...

hoxe mesmo pensei no de Mondariz. DEbe ser que o verán deinos e temos que cargar as pilas,jejeje

Bicos

Unknown dijo...

deinos = deixanos

o meu galego e malo, mais non tanto,jejee

Raposo dijo...

Carlos Sousa, Ana: estades invitados a vir o meu balneario cando queirades. Por suposto con tódolos gastos pagados, que para eso están os amigos.

Paz Zeltia dijo...

E tí andas 50 km. e tes que recuperar "tono muscular"?
arredemo! pero tí queres ter músculos ou toros de carballo!

Alís dijo...

¡¡50 kms!! Hai que estar ben para aguantalos... Eu con cinco xa andaría a rastras (e con menos).
Os que levamos pouco tempo por aquí, tamén estamos convidados ó teu balneario? É que moito me gusta que me masaxeen.

Bicos

Anónimo dijo...

Miña naiciña !! Estades tolos... É unha observación amistoso-realista, vale?

Bolboreteira dijo...

Si! merecidisimio descanso.Eu estoume pensando pasarme por un balneario tamén, boa falta me fai!
Disfrútelo!
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

O balneario ese vaiche que nin pintado. E se non che gustan as augas...non deixes de probar os viños!!!

50 kilómetros, tás feito un raposiño!

Maribel-bel dijo...

Coidado coa fibra capilar, que sole quedar escarallada despois dos cambios de temperatura. Un cepillado ó sair é necesario. Biquiños

A nena do paraugas dijo...

O sitio venche que nin pintado, oes! Para calquera cousa!

Saudiños termais.

xenevra dijo...

Eu veño de estar no de Lobios, no medio mesmo dos incendios, (en fin!!!) pero apúntome a ir a este teu (mais ca nada porque xa vin que o ofrecías de balde e...) Iso si, eu non me comprometo ao dos 50 quilómetros. Eu espero cos bocatas na taberna da aldea.

xenevra dijo...

Volvo ao teu balneario para propoñerche un xogo mentres a espera:
http://xenevra.blogspot.com/2010/09/o-embolado-do-chousa-compana.html

BRABIDO dijo...

De cando en ves,ae que entrar en boxes,ben merecido o temos,non?.

Nunca estiven nun,logo sempre ae unha primeira .......