Foto: Casa do Concello de Antas.
Que Antas é especial xa o sabemos, gracias a certo blogueiro que se encarga de recordárnolo a miúdo. Estar no centro de Galicia (que é como dicir do mundo), influenciado por saborosas correntes telúricas, confírelle unhas características peculiares e quizais únicas, en todo caso máxicas.
O certo é que xa o propio alcume invita a reflexión e mesmo o asombro. Vexan, si non, que frase máis curiosa se pode formar coas letras do seu nome:
.....................En ANTAS, terra SANTA, vive SATÁN.
O certo é que xa o propio alcume invita a reflexión e mesmo o asombro. Vexan, si non, que frase máis curiosa se pode formar coas letras do seu nome:
.....................En ANTAS, terra SANTA, vive SATÁN.
Adicado a Chousa
12 comentarios:
Por suposto, calquer relación entre Chousa e Satán é pura coincidencia. E o feito de que a foto sexa a Casa do Concello non vai con segundas.
Que conste.
Antas vén de "anta"
1) Construción sepulcral prehistórica feita de grandes pedras.
(2) Lousa que cobre um dólmen, e o mesmo dólmen ou arca que foi explorado.
(3) Marco de pedra de grande tamaño cravado verticalmente na terra.
(4) Limite, lindeiro.
Un lugar moi expecial para as forzas telúricas
Quedas oficialmente convidado a visitar o Centro do mundo!!!.
Que conste que non te convidan do Concello eh; convídote eu: Satna; que vivo en Antas e non son Satán, pero miña avoa sempre me dicía que era o Perello...
Contentiño ha quedar Chousa con este agasallo.
Eu quédome con terra santa, porque satán...
un bico.
Por certo, cando veñas ó café convido eu, pero os dereitos de autor da foto que loce no post vasmos pagarrrr jajaja
Chousa: págase o que faga falta, pero o café con pingaretes, eh!!
Por un segundo pensei que me enganara de blog e que estaba no de Chousa!
E que, no blogomillo, falar de Antas é pensar en Chousa.
eló, eu que son moi curiosa, é de Chousa (Satán) a foto para ter os dereitos de autor?
-e que eu, polas mañás, teño os biorritmos atrofiados, e non penso con claridade-
Iso é facer palíndromos e o resto parvadas!! :))
Como bos celtas, a nosa forza devén da terra e no centro da terra é onde se coce todo.
Un bico (e outro con ghotas para o Chousa)
Tiñas que rematar: ... vive SATÁN comendo NATAS.
Paideleo: incluso o podríamos ampliar: comendo NATAS E TANAS.
Tana é un peixe parecido o sargo.
Saúdos a tod@s e grazas pola visita
Pois si que vos saíu unha boa combinación de letras! Haberá logo que ir a ANTAS... un día destes!
É bonito lugar, pero a publicidade de Chousa tamén o fai moi particular. Eu creo que algunhas segundas intencións levaba pero bueno..... Un bico
Publicar un comentario