martes, 3 de abril de 2012

FUSIÓNS

Está o Feijóo empeñado na fusión dos concellos e razón non lle falta. Non parece lóxico que Galicia teña máis que Portugal, poño por caso, e que moitos deles non cheguen os 2000 habitantes. Rebaixar o seu número redundaría nun aforro do gasto público e dos postos políticos (co perigosos que son eses elementos) e posibilitaría unha mellor organización e xestión do territorio.
Oza e Cesuras deron o primeiro paso. Coido que os seguintes que se tiñan que fusionar (por razóns obvias) son os concellos ourensáns de MELON e SANDIAS, e tendo en conta a excesiva querencia que temos polo inglés o seu novo nome podería ser THE FRUIT COMPANY.
Admítense, non obstante, outras suxerencias.

7 comentarios:

Dilaida dijo...

Moi bo!!!
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

A Rajoy como o deixen fai unha macedonia con todos nós.
A foto é atinadísima. E de nome se lle poñemos Licuadora?

A nena do paraugas dijo...

Licuar, expremer, cortar en anquiños e mesturalos...

Pódese facer algo máis?

Boísimo!

Bicos.

mariola dijo...

Un texto moi atinado.
Eu, de Rajoy nin falar.
bicos.

Carlos Sousa dijo...

Moi bo!! A este feijóo si que lle viría ben un melonazo.

O das palabras inglesas, si que me mosquea, que si "prantaime", "jastab" "uasap"... non sei onde vamos parar.

Un saúdo

xenevra dijo...

Este sábado houbo en Lisboa unha enorme manifestación en contra da desaparición das freguesías (dalgunhas, claro). Era impresionante ver os autobuses e a cantidade de xente que alí había. Tamén era impresionante ver a policía cos seus parapetos tipo robocop. Non sei se acabaron por facer unha macedonia, ou... O certo é que a min me gustou saber que o pobo non está pronto para que o mangoneen. Bicos de cereixa ribeirá ;))

Paz Zeltia dijo...

aquí sí que estiveches "sembrado"