miércoles, 5 de diciembre de 2012

MENTIROSO COMPULSIVO

Cada vez que vexo a Rajoy lémbrome de Jim Carrey en “Mentiroso compulsivo”, un tipo que se pasaba a película facendo carantoñas grotescas e mentía máis ca falaba.
Rajoy, o mentirán, estase especializando en facer o contrario do que di que vai facer, con toda a caradura  do mundo.
Dixo que non ía subir o IRPF e foi o primeiro que fixo en canto chegou o poder.
Dixo que non ía subir o IVA, pois subiuno, e de carallo.
Asegurou que non habería rescate a Banca e xa vedes.
Negou que fora aplicar o copago sanitario. Agora miña nai está pagando o mes 7,54  € polas medicinas que ten que tomar.
Prometeu que non habería recortes en Sanidade, Educación e Dependencia, e entrou neses departamentos a saco parecendo talmente Eduardo Manostijeras.
Dixo que non recortaría as prestacións por desemprego e vaia si as recortou.
Prometeu que revalorizaría as pensións conforme o IPC, pois vai ser que tampouco.
Canta doses de paciencia ten que ter pobo español para aguantar a este desvergonzado no poder?

3 comentarios:

paideleo dijo...

E despois a xente vota por el.
E non haberá un candidato millor ?.

Concha L. F. dijo...

O que non entendo é como este país que, hai 10 anos se botou ás rúas berrando NUNCA MÁIS, caeu na trampa dos seus "fiíños de plastilina". Que fráxiles son algunhas memorias! Que pronto se esqueceron aquelas marés!

Xa o di o dito, daqueles pos, estes lodos. É o que que hai...