Hoxe
espertei cedo porque o teu nome
fíxome
cóxegas no corazón.
Hoxe
é un bo día para facer inventario,
buscar
a calor das túas caricias,
imprimir
a dozura que regalas,
pór
as cartas boca arriba,
asinar
unha adhesión incondicional contigo,
amarte
sen data de caducidade.
Hoxe
quero ser
perito
nas lúas do teu corpo,
arquitecto
de aloumiños,
alquimista
de ilusións.
Hoxe
fai tres anos de todo
e
aquí estou eu
sen
saber moi ben que facer
con
estes ollos
que
non se cansan de mirarte,
con
estas mans
que
se entristecen cando non estás,
con
estas verbas que agora escribo
e
que quizais non saiban expresar
o
moito que te quero.
Do libro "Territorios estraños"
2 comentarios:
Vaia !. Con verbas así derrete un a calquera.
É fermoso querer e que sigamos sentindo ese sentimento ó longo dos anos.
un biquiño raposo.
Publicar un comentario