viernes, 26 de diciembre de 2014

CRUCE DE CAMIÑOS


Este encontro na taberna das almas perdidas.
Esta cidade con vistas ó teu escote.
Estes murmurios que derrotan a brétema.
Este temporal de baixas paixóns que fai subir os termómetros.
Esta sede de folgar no niño agarimoso das túas pernas.
Este alustro fendendo as tebras cotiás.
Esta amizade con dereito a prórroga.
Esta aperta que non se vende nos mercados.
Este tórax espido, este sorriso, este despois.
                                                                     Do libro "Territorios estraños"

3 comentarios:

cuspedepita dijo...

Eiiii, eiii, por ese camiño vas mal, directo ao barranco ! :-))
Bromas aparte consigues trasladarnos á taberna das almas perdidas e ver a escea desde o primeiro plano.

Unha aperta e feliz ano.

paideleo dijo...

Un bo ano 2015 !.

Anónimo dijo...

Feliz 2015 para vde e os seus