O pai cavila na
hipoteca,
na paga extra do
Nadal
e no partido de fútbol
do domingo.
A nai devece por un
vestido
que viu no Corte Inglés
e rosma
que habería que mercar
unha lavadora nova
e darlle outra man de
pintura ó salón.
O fillo, Edu, esqueceu
facer os deberes
que lle puxeron os
mestres
e segue coa súa teima
de chamar a todo quisqui
para desexarlles “Feliz
Nadal”.
Prevendo a desmesurada conta do teléfono móbil
o reloxo de cuco da
parede
está a piques de
esnaquizarse en mil anacos
contra a soleira da
porta indiferente da eternidade.
Do libro "Territorios estraños"
No hay comentarios:
Publicar un comentario