sábado, 3 de enero de 2015

Propostas (de aninovo)

Cargar ó lombo mochilas de esperanza,
durmir no teu colo,
pisar en soños terra firme,
amarte sen pedir nada a cambio,
vivir en paz contra min mesmo,
borrar os ceros á esquerda,
escoitar o silencio das palabras,
dedicarme ó contrabando da tenrura,
solicitar asilo  na túa embaixada,
investir en sorrisos de alta gama,
ser políticamente incorrecto,
non renunciar á utopía,
subir a costa da vida sen doparme,
bailar un agarrado co futuro,
bicarte en Exipto,
quererte...
                                               Do libro "Territorios estraños"

2 comentarios:

mariola dijo...

Estou dacordo con moitas.
Non renunciar a utopía.
Subir a costa da vida sen doparme.
Querer.
Amar sen pedir nada a cambio.
E sobre todo, escoitar o silencio das palabras...
un biquiño Raposo.

Zeltia dijo...

Que nesas propostas siga o teu desexo de escribir xa que pos en verso
"escoitar o silencio das palabras"