martes, 20 de enero de 2015

Protexendo o capital

Xa que logo, e por se acaso, 
poñerei a bo recado,
as faíscas de neve,
as miradas cómplices,
os álbums da saudade,
as coartadas de barro
cando baixa a marea,
un dente de allo,
aquela canción dos Stones,
xoguetes rotos,
saltos mortais,
recordos esquecidos,
a forza da gravidade con vento a favor,
os conxuros contra as derrotas,
o po do faiado,
os cortes de manga ó destino,
estes delirios de pobreza,
este dribbing en fóra de xogo,
esta présa por chegar a algures,
este desexo de ti.
                                               Do libro "Territorios estraños"

6 comentarios:

mariola dijo...

Todo iso a bo recado e o desexo espallado...
Gústame este final.
biquiños Raposo.

Chousa da Alcandra dijo...

Pregúntome se Amancio Ortega terá delirios de pobreza...

Raposo dijo...

Biquiños,Mariola. Grazas
Non che estrañe, Chousa, esa xente éche moi rara.

Zeltia dijo...

Mira por onde, agora vou lendo o libro de volta, da man túa.

Sempre un gusto atoparme de novo con algunhas das imaxes que ti buscaches.

Raposo dijo...

Grazas, Zeltia, por releerme.

Cuspedepita dijo...

Pon a bo recaudo, pon, que despois de todo, ahí é onde está a vida.