lunes, 12 de enero de 2015

Tesouros (nas rebaixas)

Agora que estamos de volta de nada
baixo a costa de xaneiro
buscando refuxio na intemperie.
Porque estamos de volta de nada
remexo nas rebaixas á procura
dun sorriso que me protexa da friaxe,
uns zapatos para desandar a crise,
un buzón de voz onde gardar
os silencios que non sei escribir,
un mapa do teu corpo,
un espello no que envellecer xuntos,
un pasaporte para viaxar á república da utopía,
un rock and roll que inxectar ás veas,
un catálogo de antídotos contra a ausencia
e un reloxo de peto no que descontar as horas
que faltan para verte.
                                              Do libro "Territorios estraños"

3 comentarios:

paideleo dijo...

Como di miña nai: Compra muito e gasta pouco.

Chousa da Alcandra dijo...

Bo consello o de Paideleo. En todo caso seguro que ese mapa do "seu" corpo non che fai falla. Aínda que te perdas nel...

Apertas de xaneiro

Zeltia dijo...

pero iso que ti dis son artículos de luxo, non atoparás nas rebaixas...
xa é un luxo desexalos.
:)