Espertar co sol xa ben
alto
e non ter présa en
levantarse.
Recoller do chan o
periódico
e un libro de Bertol Brecht.
Subir ata o Castro,
mirar á ría e
despeitearme.
O póster do Che,
os berros do
veciño,
a calor dun bar.
Esquecer a crise
refuxiándome
nas cores do arco da
vella.
Os recordos que rescato
dun antigo cartafol, as
palabras
que forman liñas que
aspiran
inutilmente a seren
poema.
Botarlle un pulso á tristura.
Practicar sendeirismo
pola miña propia alma.
E á tardiña dun día
calquera
cruzar o Miño en
dirección a Portugal,
só polo pracer de
ganarlle unha hora ó tempo
mentres tento resolver
unha ecuación
de puntos suspensivos
que se empeña
en derivar cara a estratosfera.
Do libro "Territorios estraños"
2 comentarios:
:)
Un poema cheo de sensacións cotiáns e non tan cotiáns.
Publicar un comentario