lunes, 2 de marzo de 2015

Unha de ausencias

Un,
dous,
tres, catro días...
Tentado estou de catalogar
a túa ausencia
coma unha nova forma de tortura.
                          Do libro "Territorios estraños"

5 comentarios:

Maribel-bel dijo...

Moito me gustou este poema. Fermoso e chedo de verdade espida. Bicos a carón..

Cuspedepita dijo...

Supoño que todos pensamos en algún momento algo así. Pero só ti soubeche convertilo en poema ;-)
Apertas e que a ausencia non dure moito, ou se dura, que deixe de torturarte.

paideleo dijo...

É ben dura esa etapa do amor.

Zeltia dijo...

unha, dúas, tres, catro oportunidades de lelo ;-)

Chousa da Alcandra dijo...

Sempre me gustou contar; pero non ausencias de quen boto en falta.

(Exemplo fermoso de que o breve, se bo; dúas veces bo)