Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante.
Pasa, non te quedes na porta.
lunes, 2 de marzo de 2015
Unha de ausencias
Un,
dous,
tres, catro días...
Tentado estou de
catalogar
a túa ausencia
coma unha nova forma de
tortura. Do libro "Territorios estraños"
Supoño que todos pensamos en algún momento algo así. Pero só ti soubeche convertilo en poema ;-) Apertas e que a ausencia non dure moito, ou se dura, que deixe de torturarte.
5 comentarios:
Moito me gustou este poema. Fermoso e chedo de verdade espida. Bicos a carón..
Supoño que todos pensamos en algún momento algo así. Pero só ti soubeche convertilo en poema ;-)
Apertas e que a ausencia non dure moito, ou se dura, que deixe de torturarte.
É ben dura esa etapa do amor.
unha, dúas, tres, catro oportunidades de lelo ;-)
Sempre me gustou contar; pero non ausencias de quen boto en falta.
(Exemplo fermoso de que o breve, se bo; dúas veces bo)
Publicar un comentario