O
destino de Osama Abdul Mohsen era saltar fronteiras, esquivar gardas
fronteirizas, recorrer km e km por estradas que quizais levan a ningures: un
ser anónimo, un refuxiado máis nesta deshumanizada Europa.
Pero
no seu camiño cruzouse Petra Lazslo, unha periodista húngara, unha reporteira
intrépida que gusta de estar sempre o pé
da noticia.
E
todo cambiou. A imaxe de Osama caendo co
seu fillo en brazos atravesou os continentes, ocupou periódicos e telediarios,
incendiou as redes sociais. Agora Osama está en España, foi recibido cos brazos
abertos, é un heroe. Florentino Pérez, ese ser superior, dedicoulle o seu
mellor sorriso. O fillo, Zaid, saltou ó Bernabeu da man do seu ídolo, Cristiano Ronaldo, algo que so está o alcance dos elixidos.
Osama
vai traballar de adestrador de fútbol, terá un soldo xusto. Si sabe xogar ben
as súas cartas cansarase de facer entrevistas, publicará un libro e mesmo pode
ser un dos concursantes na próxima edición de Superviventes.
E
todo por unha cambadela: un acto noxento e miserable pero que resultou ser do
máis beneficioso. Agora si que entendo a frase esa de que “Deus escribe dereito con liñas tortas”.
Pero,
quen é Petra Lazslo e porqué actuou así? Teño para min unha hipótese.
Polas
súas veas corre sangue zíngara, esa antiga estirpe que ó longo dos séculos e
das migracións foi quen de adquirir unha conciencia profunda do universo, de
descifrar os arcanos do tempo e o espazo, e mesmo de predicir o futuro con so
botar unha ollada.
Petra
Lazslo, herdeira de tal ancestral sabedoría, viu a Osama correndo cara ela co
seu fillo en brazos e nunha máxica décima de segundo soubo todo o que podía
facer por eles con so estirar a man, quero dicir con so estirar a perna esquerda. Así que deulle a orde
correspondente a súa extremidade inferior.
E
fíxoo coa xenerosidade que caracteriza as grandes persoas: sabendo que despois
sería incomprendida, insultada, difamada,
ameazada, despedida do seu traballo, sinalada por todos co dedo da
ignominia, mesmo creo que a queren meter no talego.
Pero
a Petra non lle importa toda esa incomprensión. Ela sabe que obrou
correctamente. Ela sabe (e eu tamén) que fixo o xusto e o necesario para que un
home bo e o seu fillo puideran ter un futuro mellor.
Alá
é grande, e os camiños do Señor son inescrutables. Amén.
3 comentarios:
Foi tal como dixeches.
Mui bo.
Sonche os portazgos dos eidos que páganse pro éxito.
Eu penso que isa rapaza ten unha perna torta que responde de xeito independentemente da súa cachola e lle xogou unha mala pasada.
A xente que leva moismas xeraciós nun luar xa pensan que son dalí, ainda foran cíngaros migreiros
Saúdos
foi asqueroso.
A actuación da muller, meténdolle unha boa viaxe coa perna, non é máis ca unha nimiedade dos traspés que facemos e nos fan cada día. así somos os seres humanos: capaces do maior dos sacrificios por solidaridade, ata arriscar a vida, a poñer tropezos por oscuras razóns que se me escapan.
Publicar un comentario