Nada sabía da morte
pero
ás veces a aldea
estaba
como en silencio
un
manto de tristura
pousábase
nos tellados
falábase
máis quedo
e
gardábanse díxomes
que
ninguén ousaba repetir.
As
campás repenicaban
o seu
son aflixido
polo
val estendíase
a
sombra da ausencia
e as
palabras pesaban
coma
chumbo nas mans.
Así
foi como unha tarde
ó
volver da escola
souben
que nunca máis
vería á avoa Teresa
e que
mamá ía vestir
algún
tempo de negro.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"
No hay comentarios:
Publicar un comentario