“Ela ten os ollos da cor da infancia”.
Pedro Rielo
Empezoume
a gustar
e non
lembro cando.
Foi
quizais un lóstrego
un
asombro de quentura
subindo
ata o peito
un
indicio de cóxegas
un instinto
básico levedando na arxila.
Ela
era unha nena de cara redonda
de
ollos limpos e risa sincera
unha
noite soñei que bicaba
os seus
cabelos
sabían
a azucre
nun
campo de flores.
Mirábaa
ás agachadas
escribía
o seu nome en follas secretas
e fun
feliz cando a mestra
nos
puxo no mesmo banco.
Quíxena
como só saben querer os nenos.
Non
lembro cando me deixou de gustar
nunca
nada lle dixen
o
primeiro amor foi tamén
o
primeiro segredo.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"
1 comentario:
O primerio amor nunca se olvida. E que recordó máis fermoso queda prendido nos miolos.
Publicar un comentario