“O
avó tizaba o lume cos recordos”.
Xabier
Xil Xardón
Era
polas noites
noites
escuras coma boca de lobo
noites
de inverno
co
vento zoando entre as tellas
con
sinistra ameaza
cando
o avó
enfiaba
o libro dos recordos.
Rematada
a cea sacaba
o
tabaco de picadura e o librillo
e leaba
un cigarro coa habilidade
de
mans calosas pero expertas.
Despois
con voz pausada
agraria
e mineral
deixábase
perder polos labirintos
do
tempo e as palabras resoaban
fondas
na cociña mentres no neno
gurgullaba
a imaxinación
coma un
foguete a piques de estourar.
Así
foi como coñecín
as
historias do Taboada
home
chistoso e retranqueiro
que
disimulaba a pobreza
con
altas doses de argucia
do Luciano
ó que na guerra incivil
perseguiron
con saña pola ribeira
dos
afogados do río
do
suicidio do Meiladas
que
apareceu colgado na palleira
da
súa casa de Barreiros
das
falcatruadas do ferreiro de Veliños
das
pelexas entre parroquias
cando
os mozos eran bravos
e
levaban escopetas ás festas.
O que
daría
por
volver escoitar agora
avó
na túa
voz pausada
agraria
e mineral
todas
esas historias
que
co paso do anos
fun
esquecendo.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"
1 comentario:
Non esqueceches non. Nin as historias nin a voz pausada, agraria e mineral do avó... Deveces, iso si, por volvelo escoitar a el contándoas; pero agora xa logo (!) nos toca a nós ser os contadores!!!
Apertas de marzal
Publicar un comentario