Estaba
sentado á beira da tarde
unha tarde calquera nunha aldea pequena.
Xa
aprendera a quedarme a soas
sabía
que a fraga remataba nalgunha nube
que
na sobreira alguén gravara unhas iniciais
que as
escaleiras non entendían de calendarios
que
os faios gardaban misterios
que
os paraugas predicían a choiva
que a
terra semellaba redonda
que as
cartas sempre chegaban con retraso
e que o mar era unha postal engurrada
que
tardaría moitos veráns aínda en coñecer.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"
1 comentario:
Fai tanto deso, que xa case o esquecera.
Apertas
Publicar un comentario