De
risas e xarope
eran
as xornadas do verán
medas
de palla en máxicos equilibrios
o
rebumbio da aira o día da malla
e
mulleres debruzadas
entre
os sucos do millo.
Nun
desafío á intemperie
explorabamos
as devesas
gabeando
ó máis alto dos carballos
agochabamos
segredos
nas
caracochas dos castiñeiros
e
perseguiamos ós pardais a cantazos
con
moi pouca puntería.
Non
tiñamos presa nin horarios
nin un
móbil de melodía estridente
nin
axendas de peto
nas
que marcar as citas.
Levantabámonos
co sol
vibrando
cun latir secreto
e
volviamos á casa
cando
xa escurecía
cos
brazos cheos de rabuñaduras.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios".
No hay comentarios:
Publicar un comentario