viernes, 13 de septiembre de 2019

Weekend: balance de domingo



Agora que sentimos o peito
burbullando de paixón
que podemos berrar sen receo
a que rachen as estrelas
que a conta bancaria  bota fume
polas fendas dos caixeiros
que aínda queda resaca
mais tamén propósito de emenda.

Agora que buscamos a liberdade
que nos negaron os mitos
as axencias de publicidade
Levi Strauss e a televisión
agora que ata a nosa pel cansa
chegou o recendo do Atlántico.

Agora que xa temos risa, fe, orgullo
un feixe de raíces célticas
sentimentos sen segredos
un latexo que vén de moi lonxe
e algunhas outras ilusións.

Agora, hoxe, un domingo calquera
tentamos, sen sorte, que o noso saldo sexa positivo.

                                    Do poemario "A pel no asfalto", incluido no libro "Zocas e decibelios"

2 comentarios:

Alís dijo...


Non sei ben cómo explicalo, pero lin o teu poema, disfruteino e ademáis encheume unha sensación de estar na casa.

Qué ledicia volver a lerte despois de tanto tempo

Bicos

Raposo dijo...

Un pracer volver a verte por esta cova. Grazas pola visita.