Deixar ca bebida esvare
na gorxa ousada e
sedenta
saudar, facer
amigos, sorrir
falar de cousas
sen senso
ser conquistador
entre as rapazas
ser filósofo na
porta dos WC.
Berrarlle os
escaparates
que venden mellor
e máis barato
e despois fuxir do
acoso
das fiestras
alumeadas
camiñar ledo e sen
vergoña
e cambalear de
cando en vez.
E máis tarde co
apuro
do albor sobre as
costas
cando xa toquen
fondo diñeiro e tabaco
cando o cansazo
suba polas pernas
e navegue polos ollos
cando a luz dea medo
e o centro de
gravidade non exista
acercarse ó
derradeiro garito aberto
para seguir
bebendo o necesario alcol
que faga realidade
o naufraxio
dun sábado
calquera pola noite.
Do poemario "A pel no asfalto", incluido no libro "Zocas e decibelios"
2 comentarios:
Teño que facerme con este libro.
Onde o venden en Vigo ?.
Ola, Paideleo, o libro que publiquei fai uns anos, "Territorios estraños", téñeno na libreria Cartabón en Vigo. Este último "Zocas e decibelios" so se vende dende a librería Agrasar de Monforte de Lemos. Pero si queres tamén cho podo mandar eu por Correos. So tes que dicirmo. Grazas polo interés.
Publicar un comentario