Heroes con
promesas de autoestradas
e de agullas
hipodérmicas.
Heroes que emerxen
de noxentos
sumidoiros fumando
Lucky Strike
e din que son
americanos orixinais.
Heroes bébedos de
Bacardí con Coca-Cola
e cicatrices de
asfalto polos brazos
batuxados de
marxinación
e doutorados na
lei dos coitelos.
Heroes de garaxe e
acelerador
música dos Stones e coiro negro
que fan o amor nos
asentos traseiros
de coches que
liscan a 180 km/h.
Heroes esquecidos,
fillos dun billar
e dunha estación
do metro
perdedores a miúdo
no xogo da vida
hóspedes de
cuartos poeirentos
sen máis equipaxe
cá derrota
e un silencio
pendurado decote da mirada.
Heroes no berce
dos suburbios
na orela do
esquecemento
ó pé da morte.
Do poemario "A pel no asfalto,incluido no libro "Zocas e decibelios"
Do poemario "A pel no asfalto,incluido no libro "Zocas e decibelios"
No hay comentarios:
Publicar un comentario