domingo, 25 de agosto de 2019

Weekend: febre do venres




O venres ten a pel húmida
de choiva e despedidas.

O venres ten un certo sabor
a raia medianeira
a fotografías mergulladas no pasado
a palabras aboiando
entre  D’js, bafo e poliéster.

O venres ten
bicos gastados e horas lentas
como se esperara
o retorno dos anxos
para poder dicir amigo, cubata
alento, orgullo, sexo, suor
antes de que estoupe o amencer.

                                     Do poemario "A pel no asfalto", incluido no libro "Zocas e decibelios"

4 comentarios:

paideleo dijo...

Estes últimos poemas soan a coñecidos vellos tempos.
Deuses; como voan os anos !.

Moncho da Riba dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Raposo dijo...

Si, de feito son vellos poemas que creo que xa puxen hai anos o blog. Agora con algúns retoques volven saír a luz, aproveitando que os publiquei en libro. E, si, como voan os anos!!!

面具 dijo...

a片免費看
av性愛
av女優
av女優拍片直播
a漫
a漫卡通
hoya娛樂城
h漫
mlb投注