martes, 30 de julio de 2019

In dubio pro reo



Bate co puño nas paredes
bebe ron ata sentir a vertixe
lamenta que a moza te abandonara
entre o bruído dunha noite de sábado.

Conta polos soportais a túa condena
a teima de ir dando pasos en falso
e de perder sempre ó póker
e comproba como se paran os viandantes.

Camiña co xesto fendido polas travesías
e fíxate como enmudecen os farois.
Faite notar, pelexa, cuspe, maldí
deixa que te firan, que te nomeen.

Aínda así non poderás dicir que estás vivo
e terás dúbidas ó fitar a vista no espello.

                      Do poemario "A pel no asfalto", incluído no libro "Zocas e decibelios"

1 comentario:

Chousa da Alcandra dijo...

... que falen de ti. Aínda que sexa ben!