Hai unha choiva
que afunde os castelos
muros de tixolos
que esmagan
os carballos
teimosos do horizonte
un mundo orfo de
panxoliñas e lareiras
onde agora medran
antenas e parafusos.
Hai unha desorde
de vagalumes
alén dos taxis e
do solpor
alén da carne e dos arames.
Hai un iceberg que
fixa o límite
para esta catedral
de areas movedizas.
Hai fachos que
tecen e destecen
o noso alento
sandalias que
buscan
esquecidas follas
de outono
coma o amencer
busca o orballo
unha frase feita
pomba na parede
unha rebeldía que
gatea polas canelas
polo ventre ata a
fronte.
O demais é deserto
o demais é
silencio.
Do poemario "A pel no asfalto", incluído no libro "Zocas e decibelios"
No hay comentarios:
Publicar un comentario