martes, 26 de noviembre de 2019

Axuste de contas


Como un golpe de mar
na metade da fronte
como un golpe de mar
cando os mariños poñen rumbo
ó corazón da noiteboa.

Polos recantos voaron bolboretas azuis
que despois se desfacían
contra as hélices dos avións
que sucaban un ceo encapotado.

Unha fumareda envolve as horas
das malditas madrugadas
nun axuste de contas comigo mesmo.

A infancia saloucando polas congostras
a infancia convertida en cinzas
coma o cadáver dun animal
sacrificado ós vellos deuses
cando os reis magos 
non puideron  chegar a tempo
porque trabucaron o camiño
e acabaron indocumentados
delirando en calquera comisaría
e a carón do presebe 
só queda o recendo da morriña
do que puido ser e non foi
e un cartel  na porta
de “Pechado por reformas”.

                                  Do poemario "A pel no asfalto", incluído no libro "Zocas e decibelios"

1 comentario:

Alís dijo...


Non hai axuste de contas máis duro que os que temos con nos mesmos.

Doen esas lembranzas da infancia...

Bicos