sábado, 21 de septiembre de 2013

OUTRO TEMPO

Eramos tan novos,
tan loucos quizais.
o mundo parecíanos pequeno,
desafiábamos as leis da física,
os nosos pés corrían máis cos camiños,
os medos da infancia xa quedaran atrás,
a choiva non nos mollaba,
e polas noites de amor e canutos
xogábamos a apañar estrelas
coas mans que amasan os soños.

domingo, 18 de agosto de 2013

UNHA VISITA INESPERADA

Sobre as 11 da noite estábamos nas hamacas desfrutando dunha noite estrelada e unha temperatura moi agradable cando, aproveitando que a portada estaba aberta, un raposo entrou no patio curioso e decidido. Pensei que se asustaría ó vernos ou ó falarlle, pero non. Indiferente o ser humano recorreu o patio, inspeccionou as cortes e o despoboado galiñeiro, andou o noso arredor, permitiu que lle sacase esta foto co móbil, e cando lle pareceu ben marchouse, un pouco amolado, iso si, porque no seu rastrexar non atopou nada que levarse os fociños.

viernes, 17 de mayo de 2013

FALEMOS GALEGO


Tal día como hoxe ben está lembrar esta canción de A RODA.

miércoles, 27 de marzo de 2013

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO FINAL)


SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes,  documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos intérpretes  máis representativos.

 Este é o último capítulo da serie. A lista fíxose un pouco longa e pesada pero as cousas que se empezan débense rematar.        
Recomendacións: “Cincuentas millones y una mujer”, entretida comedia cun atraco polo medio; “Las Vegas, 500 millones”, cinta de acción española que dada a época ofrece un resultado máis que digno; e “La última película”, unha visión en branco e negro, desesperanzadora, da América dos 50.
Atrás queda unha abondosa listaxe de películas, algunhas das cales ben merecen a pena. Pois nada, que desfruten do cine.

·         8 MILLONES DE MANERAS DE MORIR (Hal Ashby, 1986): Andy García, Jeff Brindes, Rosanna Arquette, Randy Brooks, Alexandra Paul.
·         LA HUIDA DE LOS 10 MILLONES DE DÓLARES (James A. Contner, 1991): Gerry Bamman, John Mahoney, Joseph Carberry, Karen Young.
·         CRASH: UN BOTÍN DE CUARENTA MILLONES DE DÓLARES (Charles Wilkinson, 1995): Matt Craven, Leilani Sarelle, Michael Biehn, Kim Coates.
·         CINCUENTA MILLONES Y UNA MUJER (Peter Hall, 1970): Ursula Andress, Stanley Baker, David Warner, Patience Collier.
·         EL SECUESTRO DE LOS CIEN MILLONES (Ismael Rodríguez, 1979): Carmen Salinas, Adalberto Martínez, Eduardo de la Peña, Isabela Corona.
·         127 MILLONES LIBRES DE IMPUESTOS (Pedro Masó, 1980): Fernando Fernán-Gómez, Rafael Alonso, Amparo Baró, Agustín González, Alfonso Del Real.
·         A 400 MILLONES DE KM. DE LA TIERRA (Holger-Madsen, 1918): Gunnar Tolnaes, Lilly Jacobsson, Alfred Osmund, Nils Asther.
·         LAS VEGAS, 500 MILLONES (Antonio Isasi-Isasmendi, 1968): Gary Lockwood, Elke Sommer, Lee J. Cobb, Jack Palance, Jean Servais.
·         MIL MILLONES PARA UNA RUBIA (Pedro Lazaga, 1972): Analia Gadé, Espartaco Santoni, Stephen Boyd, José Luís López Vázquez.
·         EL CEREBRO DE UN BILLÓN DE DÓLARES (Ken Rusell, 1967): Michael Caine, Karl Malden,  Fracoise Dorléac, Ed Begley.

BONUS TRACK:
·         LA ÚLTIMA PELÍCULA (Peter Bogdanovich, 1971): Jeff Bridges, Ben Johnson, Cybill Shepherd, Cloris Leachman.

domingo, 17 de marzo de 2013

XXXIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI


O vindeiro fin de semana (días 23 e 24 de marzo) os amantes do viño e da festa rachada teñen unha cita imprescindible en Sober, na XXXIII Feira do Viño de Amandi.
Haberá bombas de palenque, pregón de David Cal, pasarrúas, folk tradicional con Quempallou, estrea dunha muiñeira pola Banda de Música de Sober, polbo, churrasco, rosca, licor café e,  por suposto, viño.
Como para perdela!!!

miércoles, 13 de marzo de 2013

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 13)


SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e procurando respectar o título orixinal. Excluín curtametraxes,  documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos intérpretes  mais representativos.

Ben, cada vez queda menos: do  5001 ó millón.
Recomendacións: “20.000 leguas de viaje submarino”, de Richard Fleisher, a mellor adaptación que se fixo da novela de Julio Verne; “Cien mil dólares al sol”, cine francés de aventuras; “Un botín de 500.000 dólares”, con Clint Eastwood, mitad thriller,  mitad road movie; “Un millón en la basura”, entrañable comedia española.


·        5150, CALLE DE LOS OLMOS (Eric Tessier 2009): Marc-André Gronden, Sonia Vachon, Normand Chouinard, Elodie Lariviere.
·         MI PADRE, CALLE ALGUEM 5555 (Egidio Eronico, 2003): Thomas Kretschmann, Charlton Heston, Dense Weinberg, Thomas Heinze.
·         VARSOVIA. AÑO 5703 (Janusz Kijowski, 1992): Lambert Wilson, Hanna Schygulla, Julie Delpy, Pawel Nowisz.
·         6000 ENEMIGOS (George B. Seitz, 1939): Walter Pigdeon, Rita Jonson, Paul Nelly, Harold Huber.
·         7000 DÍAS JUNTOS (Fernando Fernán-Gómez, 1994): José Sacristán, María Barranco, Agustín González, Chus Lampreave, Pilar Bardem.
·         7500 (Takashi Shimizu, 2012): Ryan Kwaten, Amy Smart, Jamie Chung, Leslie Bibb, Christian Serratos.
·         8213: GACY HOUSE (Jim Lewis, Diana Terranova, Sylvia Panacione, Matthew Temple.
·         VUELO IL- 8714 (Norberto López Amado, 2010): Carmelo Gómez, Emma Suárez, Joaquim de Almeida, Luis Callejo.
·         DETROIT 9000 (Arthur Marks, 1973): Alex Rocco, Hari Rhodes, Ella Edwards, Robert Phillips, Vanette Mcgee.
·         10.000 B.C. (Rolan Emmerich, 2008):  Steven Strait, Camilla Belle, Omar Sharif, Tim Barlow, Cliff Curtis.
·         20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO (Richard Fleischer, 1954): Kirk Douglas, James Mason, Robert L. Wilke, Paul Lukas, Peter Lorre.
·         30.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO (Gabriel Bologna, 2007): Lorenzo Lamas, Sean Lawlor, Natalie Stone, Michael Power.
·         PAPÁ O LOS 36 MIL JUICIOS DE UN MISMO SUCESO (Leonardo Medel, 2008): Macarena Losada, Mariela Mignot, Willy Semler.
·         PANICO A 40.000 PIES (Robert Butler, 1976): David Janssen, Don Meredith, Ray Milland, Broderick Crawford, Margaret Blye.
·         80000 SOSPECHOSOS (Val Guest, 1963): Richard Johnson, Claire Bloom, Cyril Cusack, Michael Goodlife, Mervyn Johns.
·         CIEN MIL DOLARES AL SOL (Henri Verneuil, 1964): Jean-Paul Belmondo, Lino Ventura, Reginald Kernan, Andrea Parisy, Bernard Blier.
·         LOS ALPES 250.000 DÓLARES (George Englund, 1972): Jean-Claude Killy, Daniele Gaubert, Cliff Potts, Vittorio de Sica, Delia Boccardo.
·         UN BOTÍN DE 500.000 DÓLARES (Michael Cimino, 1974): Clint Eastwood, Jeff Bridges, George Kennedy, Catherine Bach, Gary Busey.
·         UN MILLÓN EN LA BASURA (José María Forqué, 1967): José Luis López Vázquez, Julia Gutiérrez Caba, Juanjo Menéndez, Aurora Redondo.

viernes, 22 de febrero de 2013

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 12)


SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e procurando respectar o título orixinal.  Excluín curtametraxes,  documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos intérpretes  mais representativos.

Arrincamos este milenio do  2001 ó 5000.
Recomendacións: “2001, Una odisea del espacio”, marcou un antes e un despois na historia da ciencia ficción; unha trama que suscita máis preguntas que as que resolve, unha historia que te obriga a pensar e reflexionar, banda sonora inesquecible e uns efectos especiais que impresionan si temos en conta que é de 1968.  Magnética, simbólica, fascinante, perturbadora, críptica,  imprescindible. A súa continuación é  “2010: odisea dos”, infravalorada  segunda parte porque se compara coa primeira pero para min é unha moi  aceptable película. 

·        2001, UNA ODISEA DEL ESPACIO (Stanley Kubrick, 1968): Keir Dullea, Gary Lockwood,  Daniel Ritcher, Margaret Tyzack.
·        ODISEA CHINA 2002 (Jeffrey Lau, 2002): Tony Leung Chiu Wai, Faye Wong, Zhao Wei, Rebecca Pan.
·        DICK SMART 2007 (Franco Prosperi, 1967): Richard Wyler, Margaret Lee, Alfredo Lenti, Rosana Tabajós.
·        2009: MEMORIAS PERDIDAS (Lee Si-myung, 2002): Dong-Kun Jang, Toru nakamura, Masaaki Daimon, Shohei Imamura.
·        2010: ODISEA DOS (Peter Hyams, 1984):  Roy Scheider, Helen Mirren, Keir Dullea,  John Lithgow, Bob Balaban.
·        2012 (Rolan Emmerich, (2009): John Cusak, Amanda Peet, Oliver Platt, Chiwetel Ejiofor, Danny Glover.
·        2013, RESCATE EN LOS ANGELES (John Carpenter, 1996):  Kurt Rusell, Stacy Keach, Peter Fonda, Pam Grier, Steve Buscemi.
·        2019, TRAS LA CAIDA DE NUEVA YORK (Sergio Martino, 1983): Michael Sopkiw, Valentine Monnier, Edmund Purdom, Anna Kanaki.
·        POLICÍA 2020 (David Richards, 1997): Liam Cunningham, Nick Reding, Rachel Davies, Ken Bradshaw, Saira Todd.
·        2022 TSUNAMI (Toranong Srichua, 2009): Pisarn Srimunkhong, Panudet Wattanasuchat, Prinya Wonqsilp.
·        RECON 2023 (Christian Viel, 2009): Andy Bradshaw, Deke Richards, Valerie Wiseman, Heidi Hawkins.
·        2024, APOCALIPSIS NUCLEAR (L.Q. Jones, 1975): Don Johnson, Jason Robards, Susanne Benton, Tim Mcintire, Helene Winston.
·        KICKBOXER 2025 (Damian Klaus, 1991): Don Wilson, Meg Foster, Chris Penn, Jeff Pomerantz, Linda Dona.
·        2033 (Francisco Laresgoiti, 2009): Raúl Méndez, Sandra Echeverría, Marco Treviño, Ariane Pellicer, Claudio Lafarga.
·        EURIDICE BA 2037 (Nikos Nikolaidis, 1975): Vera Tschechowa, John Moore, Niké Triantafillidi.
·        2046 (Wong Kar-Wai, 2004): Tony Leung Chiu Wai, Gong Li, Faye Wong, Zhang Ziyi.
·        LOVE STORY 2050 (/Harry Baweja, 2008): Harman Baweja, Priyanka Chopra, Karan Mehra, Boman Irani.
   LOS GUERREROS DEL AÑO 2072 (Lucio Fulci, 1984): Jared Martin, Fred Williamson, Eleanora Brigliadori,  Howsard Ross.
·         2084 (George Blumetti, Maurice Nelly, 2010): Betsy Baker, Billy West, Time Winters, Jaime Paige.
·         2086, APOCALIPSIS (Ian Barry, 1996): James Renar, Kyle Howard, James Tolkan, Bernard Kates.
·         ODISEA 2100: EL AÑO QUE LLEGARON A LA TIERRA (Mike Gray, 1983): Cherie Currie, Eric Morris, Robert  Carradine, Keenan Wynn.
·         2150 A.D. LOS DALEKS INVADEN LA TIERRA (Gordon Flemyng, 1966): Peter Cushing, Bernard Cribbins, Roberta Tovey, Andrew Keir.
·         NEXUS 2431 (José María Forqué, 1993): Oliver Tobias, Jeremy Gilley, Oona Kirsch.
·         2600 METROS ( Roberto Flores Prieto, 2005): Alvaro Bayona, Fabio Rubiano, Jorge Herrera, Katherine Vélez, Jairo Camargo.
·         MR. 3000 (Charles Stone III, 2004): Bernie Mac, Angela Bassett, Paul Sorvino, Brian J, White.
·         3615, CODIGO PAPA NOEL (René Manzor, 1990): Alain Musy, Louis Ducreux, Patrick Floersheim, Brigitte Fossey.
·         4000 EUROS (Richard Jordan, 2008): Marta Larralde, Alberto López, Charo Sánchez Casado, Aníbal Soto.
·         LOS 5.000 DEDOS DEL DR. T (Roy Rowland, 1953): Peter Lind Hayes, Mary Healy,  Hans Conried, Tommy Rettig.

jueves, 7 de febrero de 2013

CARTEIRO HONORARIO

Noticia de última hora:
Correos vai nombrar a Luis Bárcenas Carteiro Honorario, porque seica é o que máis sobres reparte.

lunes, 14 de enero de 2013

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 11)


SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e procurando respectar o título orixinal.  Excluín curtametraxes,  documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos intérpretes  mais representativos.

Nesta ocasión a lista vai de 1951 a 2000.
Recomendacións:   “Melodía de Broadway 1955”, outro gran musical de Fred Astaire; “Europa 1951”, das mellores películas de Rossellini cunha Ingrid Bergman impresionante; “1984”, aceptable adaptación da novela de George Orwell, película sinxela, de escaso presuposto, pero que ten ese regusto do cine clásico; “Madrid, 1987”, obra persoal e arriscada de David Trueba.

·        EUROPA 1951 (Roberto Rosellini, 1951): Ingrid Bergman, Alexander Knox, Teresa Pellati, Ettore Giannini, Sandro Franchina.
·        1952: IVAN Y ALEXANDRA (Ivan Nitchevi, 1989): Kliment Corbadziev, Monika Budjanova, Simeon Savor, Maria Statoulova.
·        EL FRIO VERANO DE 1953 (Aleksandr Proshkin, 1987): Valeri Priyomykhov, Nina Usatova, Anatoli Papanov, Zoya Buryak.
·        MELODÍAS DE BROADWAY, 1955 (Vincente Minnelli, 1953): Fred Astaire, Cyd Charisse, Jack Buchanan, Nanette Fabray.
·        SEXTO A 1965 (Claudio Di Girolamo, 1985): Roberto Parada, Elsa Pobrete, Héctor Noguera, Hernán Vallejo.
·        LA DIOSA DE 1967 (Clara Law, 2000): Rose Byrne, Nicholas Hope, Rikiya Kurokawa, Tina Bursill.
·        1968 RATAS DE TUNEL (Uwe Boll, 2008): Michael Paré, Rocky Marquette, Brandon Fobs, Wilson Bethel.
·        1969 (Ernest Thompson, 1988): Robert Downey Jr., Kiefer Sutherland, Bruce Dern, Joanna Cassidy, Winona Ryder, Christopher Wynne.
·        FRANKENSTEIN 1970 (Howard W. Koch, 1958): Boris Karloff, Jana Lund, Tomm Duggan, Charlotte Austin.
·        DRACULA A.D. 1972 (Alan Gibson, 1972): Christopher Lee, Peter Cushing, Stephanie Beacham, Michael Coles, William Ellis.
·        DON JUAN 1973 (Roger Vadim, 1973): Brigitte Bardot, Robert Hossein, jane Birkin, Maurice Ronet.
·        RED RIDING, 1974 (Julian Jarrold, 2009: Andrew Garfield, Sean Bean, Rebeca Hall, John Henshaw, Warren Clarke.
·        AEROPUERTO 1975 (Jack Smight, 1974): Charlton Heston, Karen Black, George Kennedy, Susan Clark, Gloria Swanson.
·        BERLIN 1976 (Peter Duffell, 1976): Telly Savalas, James Mason, Robert Culp, Adrian Hoven, Wolfgang Luckschy.
·        EXAMEN 1977 (Jiang Haiyang, 2009): Wang Xue-bing, Sun Hai-ying, Zhou Xian-xin, Zhao You-liang.
·        RED RIDING, 1980 (James Marsh, 2009): Warren Clarke, Paddy Considine, James Fox, Maxine Peake, David Calder.
·        1981 (Ricardo Trogi, 2009): Jean-Carl Boucher, Sandrine Bissom, Claudio Colangelo, Marjolaine Lemieux.
·        1982, ESTUVIMOS AHI (Fernando Acuña, César Turturro, 2004): Jorge Batalla, Carlos Fonseca, Julio Bianchimano, Robi Batalla.
·        RED RIDING, 1983 (Anand Tucker, 2009): David Morrissey, Lisa Howard, Chris Walker, Sean Bean, Shaun Dooley.
·        1984 (Michael Anderson, 1956): Edmond O’Brien, Michael Redgrave, David Kosoff, Jan Sterling, Donald Pleasance.
·        GODZILLA 1985): Koji Hashimoto, 1984): Raymond Burr, Yasuko Sawaguchi, Ken Tanaka, Keiju Kobayashi.
·        MADRID, 1987 (David Trueba, 2012): José Sacristán, María Valverde, Eduardo Antuña, Ramón Fontseré.
·        KAMIKAZE 1989 (Wolf Gremm, 1982): Rainer Werner Fassbinder, Boy Gubert, Brigitte Mira, Gunther Kaufmann.
·        1990: LOS GUERREROS DEL BRONX (Enzo G. Castellari, 1983): Vic Morrow, Christopher Connelly, Stefanía Girolani, Fred Williamson, Mark Gregory.
·        AMITYVILLE 1992 (Tony Randel, 1992): Stephen Macht, Megan Ward, Damon Martin, Shaw Weatherly.
·        AMITYVILLE 1993: EL ROSTRO DEL DIABLO (John Murlowski, 1993): Ross Partrigde, Lala Sloatman, Barbara Howard, David Naughton.
·        1994 BAKER STREET: EL REGRESO DE SHERLOCK HOLMES (Kenneth Johnson, 1993): Anthony Higgins, Debrah Farentino, Joy Coqhill, Eli Gabay.
·        1997: RESCATE EN NUEVA YORK (John Carpenter, 1981): Kurt Rusell, Lee Van Cleef, Ernest Borgnine, Donald Pleasance.
·        CURSO 1999 (Mark L. Lester, 1999): Bradley Greg,  Malcolm Mcdowell, Stacy Keach, Traci Lind, Pam Grier.
·        HOLOCAUSTO 2000 (Alberto de Martino, 1977): Kirk Douglas, Simon Ward, Anthony Quayle, Agostina Belli.

domingo, 6 de enero de 2013

CINEMANÍA NUMÉRICA (CAPÍTULO 10)

SINOPSIS:
Estou facendo unha lista de películas que teñan algún número no título. Trátase de empezar polo cero e ir subindo na escala numérica, poñendo un exemplo de cada e procurando respectar o título orixinal.  Excluín curtametraxes,  documentais, series e miniseries.
Aparte do título, entre parénteses vai o director e o ano de realización, e despois algúns dos intérpretes  máis representativos.

Ben, pois empezamos o ano con cine e seguimos coa lista, do 1901 ó 1950.
Recomendacións:  “La Melodía de Broadway de 1940”, a quen lle guste o musical este é un dos que non debe perderse, Fred Astaire e Eleanor Powell están sublimes; e “Tiovivo C. 1950”, de Garci, unha visión do Madrid dos 50.


  •  INSPECCION DE LA ESCENA DEL CRIMEN 1901 (Filip Bajon, 1980): Tadeusz Lomnicki, Jerzy Stuhr, Daniel Olbrychski, Wieslaw Drzewicz.
·  1911 (Jackie Chan, Li Zhang, 2011): Jackie Chan, Bingbing Li, Winston Chao, Joan Chen, Wenli Yiang.
·        EL HERMOSO VERANO DE 1914 (Christian de Chalonge, 1996):  Claude Rich, María Pacôme, Robinson Stévenin, Judith Henry.
·   TROPAS DE ASALTO 1917 (Ludwig Schmid-Wildy,  Hans Zöberlein, 1934): Ludwig Schmid-Wildy, Beppo Brem, Kart Hanft, Georg Emmerling.
·        1918 (T. J. Särkkä, 1957): Ake Kindman, Annneli Sauri, Sirkka Breider, Ture Ara.
·        1919, CRÓNICA DEL ALBA (Antonio José Betancor, 1983): Miguel Molina, Cristina Marsillach, Emma Suárez, Saturno Cerra, Fernando Sancho.
·        1920, LA BATALLA DE VARSOVIA (Jerzy Hoffman, 2011): Borys Szyc, Natasza Urbanska, Adam Ferency, Jerzy Bonczak.
·        1922 (Nikos Koundouros, 1978): Antigoni Amanitou, Eleanora Stathopoulou, Zaharias Rohas, Betty Valassi.
·    LOCURAS 1929 (David Butler, 1929): DeWitt Jennings, David Rollins, WarenHymer, Lola Lane.
·     VAMPIRESAS 1930 (Jesús Franco, 1962): Lina Morgan, Antonio Ozores, Antonio Garisa, Yves Massard, Trini Alonso.
·        VAMPIRESAS DE 1933 (Mervyn Leroy, 1933): Warren William, Joan Blondell, Ginger Rogers, Ruby Keeler, Dick Powell.
·    MODAS DE 1934 (William Dieterle, 1934): William Powell, Bette Davis, Hugh Herbert, Reginald Owen.
·        VAMPIRESAS DE 1935 (Busby Berkekey, 1935): Dick Powell, Gloria Stuart, alice Brady, Adolphe Menjou.
·        MELODÍAS DE BROADWAY 1936 (Roy Del Ruth, W. S. Van Dyke, 1935): Jack Benny, Eleanor Powell, Una Merkel, Robert Taylor.
·        LAS CARAS NUEVAS DE 1937 (Leigh Jason, 1937): Joe Penner, Harry Parke, William Brady, Jerome Cowan, Harriet Hilliard.
·        LA GRAN EMISIÓN DE 1938 (Mitchell Leisen, 1938): W. C. Fields, Martha Raye, Shirley Ross, Bob Hope, Dorothy Lamour.
·        LA MELODÍA DE BROADWAY DE 1940 (Norman Taucoq, 1940): Fred Astaire, Eleanor Powell, George Murphy, Ian Hunter.
·        1941 (Steven Spielberg, 1979): John Belushi, Tim Matheson, Dan Aykroyd, Ned Beatty, Warren Oates.
·        EL DIARIO DE LOUISE, 1942 (Frank Phelizon, 2010): Deborah Durand, Gregory Barboza, Anemone, Richard Bohringer.
·        LISTA DE EXITOS DE 1943 (Albert S. Rogell, 1943): John Carroll, Susan Hayward, Mary Treen, Gail Patrick.
·        TALI-IHANTALA 1944 (Ake Lindman, Sakai Kirjavainen, 2007): Joonas Saartamo, Jussi Nikkila, Ilkka Villi, Timo Torikka.
·        LAS SENSACIONES DE 1945 (Andrew L. Stone, 1944): Eleanor Powell, Dennos O’Keefe, Sophie Tucker, Eugene Pallette.
·        TIOVIVO C-1950 (José Luis Garci, 2004):  María Adanez, Alfredo Landa,  Aurora Bautista, Elsa Pataki,  Fernando Guillén Cuervo.

sábado, 29 de diciembre de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO


Non contaba eu con facer máis entradas tendo en conta que os maias sempre me pareceron xente cumpridora e formal. Pero se ve que  as súas prediccións teñen o mesmo valor que as promesas de Rajoy.
Xa que logo, o mundo non rematou. Pero o que está a piques de rematar, desto non hai dúbida, e o 2012. E que mellor que facelo, penso eu, lembrando a Celso Emilio Ferreiro, a 100 anos do seu nacemento. Razón máis que suficiente para honrar a súa memoria e a súa poesía que sigue  tan vixente coma sempre.
E, xa de paso, desexarllos un bo 2013, na medida do posible.

FALAREIVOS DE MIN

Falareivos de min anque que me doan
as escuras raíces dos meus soños.
Celso Emilio me chaman pero eu teño
outros nomes máis irtos apuntados
nun rexistro de ventos polifónicos
cun fondo musical de frauta triste.

Meus nomes sen palabras. Mainamente,
de par en par abertas sempre as portas,
espallándome vou polos camiños
co corazón aceso en cen abrentes,
nas mans a luz, nos ollos margaridas,
e unha piedade de río sen orelas.

Neno que fun e son, pésanme os anos
cangados de minutos e de días,
de beixos e de cárceres. Cadeas,
lóstregos, vermes, homes en ringleira
baixo a chuvia, esa flor nada no outono.

Lonxana  primavera nunca volta,
que nun intre vivín de pedra ou arbre,
canle de Dios que cara o mar me leva,
xílgaro azul, ronseis do pasado,
feridas coma labres no remorso.

Andando vou, alporizado o corpo
nun latexo sen fin que me agriloa.

Eisí me chamo eu. En fume escritos
os meus nomes están. Vádeos dicindo
cun fondo musical de frauta triste,
de bágoas esbarradas
petándome decote nas pupilas.
Vádeos dicindo en verbas pequeniñas
como coitelos fríos pola gorxa.

Non me chame ninguén por outros nomes,
alcumes meus en fírgoas entrevistos,
escura voz dun soño sulagado.

* Do libro "O soño sulagado", 1955.