sábado, 14 de abril de 2007

Pouco nas alforxas

Ás veces cando tento erguerme
sobre a miña canseira
premo na area roxa do deserto
e presinto e sinto e sei
que estou en terra de ningures
onde nin sequera ser estranxeiro ten sentido.
E busco bares anónimos
como quen busca unha froita prohibida,
rescato do bolso outro cigarro
que fumo xa sen ganas
e mentres o mesturo con alcohol
pregúntome porqué é aquí,
e non a marxe do Danubio
ou nunha terraza de Valparaíso,
onde sigo murchando as miñas horas.
Algún día ireime coma todos,
buscando outros corpos, outros ceos.
Esta cidade será só un nome no recordo.
Lembrarei tamén o sorriso
de aquela loura de pantalóns axustados,
un bico ardendo no cerne da noite,
o sabor amargo do Bitter Kas con xenebra,
e música de fondo de Joaquín Sabina
e unha curva tomada a cento dez
e a catro ou cinco amigos.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

O mellor que lle pode pasar a un é non sentirse extranxeiro en ningún lugar.
(120 e moito, para unha curva, non si?)

R. A. dijo...

"pregúntome porqué é aquí,
e non a marxe do Danubio
ou nunha terraza de Valparaíso"
Supoño que é aquí o mesmo que podía ser alá, ou acolá... Outra marca de cervexa, outro nome para a loira de vaqueiros axustados, outra música de fondo no bar. E, con todo, sería o mesmo porque, onde queira que un vaia, lévase a si mesmo con el. E tamén ese roncón eterno que non descansa sonando na alma. Ou onde sexa.

Raposo dijo...

A verdade, doutora seymour, é que iba a 110. Foi un erro de transcrición que o mellor corrixoo, non sexa que se enteren os da DGT.
Ricardo arias: hai cervexas e músicas que se repiten en tódolos lados. Pero a loira de vaqueiros axustados non, esa non.

Ra dijo...

Plas, plas, plas!
Menos mal que las cosas-para-recordar son de aforo limitado.
Bico, raposo.

Ninsesabe dijo...

Ó mellor xa te quedas para sempre, por culpa daquela loira de vaqueiros axustados...Ás veces pasa.
Gustoume o poema.

Anónimo dijo...

Todos somos desa terra, amigo, mais somentes ti podias decilo dese xeito tan Bukowskiniano, valga o palabro.

moucho branco dijo...

seica esa música de Joaquín sabina puido inspirar certo sabor destas verbas?, :)

Raposo dijo...

Ra: agradezco os plas por triplicado.
O mellor, o mellor, nunca se sabe, ninsesabe.
Pois claro que vale o palabro, Rafael. Grazas.
Moucho branco: Sabina foi durante anos un dos meus cantautores preferidos, cantante e poeta, con certa aire nocturno e transgresor. Aínda o sigo escoitando.

X dijo...

A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra. (Kavafis)

Son Unha Xoaniña dijo...

"Escoitando a Sabina", non me estrana que che saíra un poema tan bo, se cadra o gran Sabina podería musicalo, entón xa sería "lo más",
un saúdo

Anónimo dijo...

suponho que algun dia volveras a Sober.... ou non? e aínda que poida que non sexas un extranxeiro alí tamen hai "valparaisos" e "Danubios", e o vinho mezclase ben coas letras do sabina!
Unha aperta!

Moralla dijo...

"Terra do raposo-poeta", ese que saía de esmorga a compoñer polas cidades, maullando versos sen derrota.
Bico entre xestas
Y ;-)

rosa enriquez dijo...

Dacordo coa Doutora Seymour, é fantástico sentirse ben en sitios diferentes. Un saúdo.(Rosa-VALDEOROSA)

Raposo dijo...

X: Kavafis, un dos grandes.
Rifo: Escoitar a Sabina axuda, dende logo.
Xurxo: A Sober volvo cada 15 días mais ou menos (o mellor algún fin semana atopámonos por Duquesa) e o viño de Amandi coas letras de Sabina vai caralludo. Exemplo: "Recalenté una sopa con vino tinto, pan y salchichón...", da canción Medias Negras.
Moralla: as xestas agradécenche os bicos. Eu tamén.
Rosa Enríquez: Eso e fantástico e fermoso (eu sentinme ben cando estiven vivindo na Rúa).

Torreira dijo...

O sabinismo e unha opción que moitos mamamos e que agora vivimos no día a día...unha aperta

Anónimo dijo...

Estou seguro de que en duquesa ata cadramos nos mesmos sitios... o sabado en monforte, no caiman, actuou o que fora guitarrista de siniestro e estivo de puta madre... q pasada.
acabo de enterarme que ve nsabina o 14 de xullo a compostela... ai q estar!

Raposo dijo...

Torreira: alégrome que siga vostede coa opción sabiniana.
Xurxo: así que ven a Compostela: haberá que estudiar seriamente a posibilidade de ir a velo.

Danny Raatzke dijo...

o caso é saber o que un quere facer