sábado, 13 de septiembre de 2008

DON ERRE QUE ERRE


Nesta cova xa falei algunha vez do expresidente Aznar e as súas tonterías dialécticas. Dende logo como estadista non vai pasar a historia dos políticos ilustres pero dicindo burradas hai que recoñecer que é todo un artista.
A finais de agosto dixo: “Yo nunca me voy a arrepentir de la foto de las Azores. “No me arrepiento en absoluto porque fue el momento histórico mas importante que ha tenido España en 200 años”.
¿E quen estaba na foto esa? O pistoleiro tonto de Bush, o maiordomo disciplinado de Toni Blair, Barroso que facía de anfitrión submiso, e un home con bigote, baixiño el, cunha función que supoño sería algo así como de bufón recollepelotas. Vaia tropa!!


A foto e o momento si que foron importantes, pero da historia universal da infamia. O resultado: unha guerra ilegal, inxusta e absurda que causou centos de miles de mortos, que deixou un pais completamente esfarrapado, que fixo medrar a forza do terrorismo internacional e a tensión en Oriente Medio; en resumo, un mundo mais inseguro.
Case todos os que daquela apoiaron a acción militar (baseándose nas mentiras argalladas polos EEUU: armas de destrucción masiva inexistentes, relación de Sadam Hussein con Al Qaeda falsa) agora recoñecen o seu erro. Quedan algúns testáns emperrenchados en “sostenella e non enmendalla”.
Aznar é un deles. Este home non ten remedio.

19 comentarios:

turonio dijo...

A verdade é que pouco nos duraron as ansias de paz que nos levaron aos sucesos da caída da URSS. A foto do CUARTETO dos Açores fíxonos retroceder ao ano 88 en que había dous bloques no mundo que declaraban a guerra a calquera país-armado-de-tiracoios para reafirmar a súa autoestima. Despois de Iraq abriuse a veda que quedara entreaberta xa cos bombardeos de Belgrado que daba licenza ao rearmamento mundial e á crizazón "revival" dos dous bloques belixerantes.
Nos oitenta había dous bloques, Felipe meteunos na OTAN e mataba etarras (GAL mediante) para acabar con eles. Agora desde marzo de 2003 Aznar meteunos de novo no bloque dos gamberros-invade-países-febles-á-carta e os españois matan iraquís e afgáns para ter máis apoios internacionais contra ETA.

Polo menos pasou a moda de matar vascos, que con este nivel intelectual dos políticos todo é hoxe posible.

Pero sempre vai a estar aí ETA para xustificar todo? Que farán se desaparece algún día?

HADEX dijo...

Este tipo é un auténtico megalómano e por suposto que a súa soberbia nunca lle permitirá recoñecer os seus erros.

Pablo dijo...

O de admitir os propios erros é unha virtude que non moita xente posee.

Pero o de convertir erros en acertos da para pensar que esa persoa ten aljo que non funciona ben na súa cachola... Aínda que isto non é nada novo falando de Aznar.

Veca dijo...

A súa función non era lamerlle o cú a Bush????

O Traveseiro dijo...

Eu pensei que a entrada ía da súa actividade física, que non psíquica, por aquela vez que o propio Aznar lle dixera a Bush en público que facía non sei cantos kilómetros en tantos minutos. Eu nin idea, pero coido que era unha burrada do copón porque segundo os expertos na materia eses números non os faría nin o Usain Bolt de marras.

Pois onte entérome que o seu preparador físico (o de Aznar) dixo que o seu aventaxado alumno fai 2000 (dous mil) abdominais ao día. Ou aquí hai alguén que lle dá ás drogas ou hai moita pantasma.

Mer dijo...

éche cuestión do partido, nunca van recoñecer os erros, son eles así, hai que odialos como son, non hai máis

bicos raposo

Pau dijo...

Pero esa guerra non era para darlle maior seguridade ao mundo? Mira que sodes desconfiados.
Este home é unico, e agora ata está convertido en un latin lover

Manel Vázquez dijo...

perigo, animais soltos.

Carlos Sousa dijo...

Non, si eles dirán que a culpa de que a guerra non finalizara ben é de Zapatero ou alguén así.

Da pena só con ver a súa cara de cínico, ¿Non podía desaparecer xa dunha vez?

Un saúdo.

Zeltia dijo...

e que, raposiño, debe custar moito recoñecer nun "que o que mellor fixeches" foi todo un erro...

eNmEiGaDa dijo...

Ai xente que non quere recoñecer os erros que cometeu..

São dijo...

Partilho inteiramente a tua indignação, tanto mais que há quem queira propor para Nobel da paz esse idiota oportunista que é Durão Barroso!!
Felicidades.

LM dijo...

pois como seja certa a rumorologia... terminará com um filho de sangue árabe....beijos

A Conxurada dijo...

O que non ten é vergonza, e o que lle sobra é chulería.

Doutora Seymour dijo...

As súas intencións... sempre...foron...boassssss....

Cuspedepita dijo...

Suscribo unha por unha as túas palabras.
A súa será lembrada coma a época da falsedade e da mentira...das de Bush, que el amparou nas Azores, e das súas propias, que lle costaron as eleccións ao seu sucesor. Non foi o 11M, foi o seu burdo e desesperado intento de taparnos os ollos á xente sobre o 11M o que os levou ao desastre.

rui dijo...

Non sexades tan duros con el! o pobre do home é que confundiu a profesión, el ía para actor, de feito merecía un Oscar pola interpretación de cow-boy no rancho de Bush, pero qué ben falaba en americano!
A mágoa non é que haxa pallasos coma el, o terrible é que houbo xente a votalo, e o clown creuse Superman.

vakastolas dijo...

Hai que ser realistas, o goberno Aznar pasará a Historia pero por unha intervención militar de moita máis envergadura que calquera despregada no Iraq. Para máis información ver:

http://es.wikipedia.org/wiki/Crisis_de_la_isla_Perejil


(E ben lle chega...)

Ra dijo...

No puedo hacer ningún comentario elegantón, ni mínimamente racional: no puedo con su careto ;)

Abrazo, Raposo!