martes, 23 de septiembre de 2008

OUTRA VACA MAIS NO MILLO


Estes días pasados celebrouse a bombo e platillo o Congreso Rexional do PP de Madrid. Aparte da elevación os altares (como era de esperar) da ínclita Esperanza Aguirre o congreso deixounos burradas oratorias como tamén ven sendo habitual entre os dirixentes deste partido.
O presidente das Novas Xeracións do PP madrileño, un tal Pablo Casado, dixo no seu discurso algunhas frases que non teñen desperdicio:
"Yo estoy convencido, de que la inmensa mayoría de jóvenes españoles son del Partido Popular, y aún no lo saben. Si es que en el pleno siglo XXI no puede estar de moda ser de izquierdas, pero si son unos carcas. Están todos los días con la guerra del abuelo, con las fosas de no sé quien, con la Memoria Histórica, con la.., con el aborto, con la eutanasia, con la muerte.... cantando la internacional. Pero si la Internacional se cantaba cuando el comunismo dejó cien millones de muertos en el año... en el siglo pasado, pero qué es esto por favor!!. Los modernos somos nosotros. Nosotros no idolatramos asesinos como el Che Guevara. Idolatramos mártires como Miguel Ángel Blanco."

Podedes escoitalas aquí:


Vaiamos por partes.
Ou sexa que a inmensa maioría da xuventude de España é do PP. Eles non o saben pero son do PP. Son do PP aínda que estean afiliados o PSOE, o Bloque ou o PNV, aínda que sexan apolíticos. Ou sexa, son gilipollas que é o que no fondo parece querer dicir. Pois vai ser que non: nin do PP nin gilipollas. Faltaría mais.
Fala da guerra do avó como si fora unha tira de cómic coas batallas do “Abuelo Cebolleta” e non unha guerra civil que causou mais de medio millón de mortos.. Fala das “fosas de no se quien”. Mire Sr. Casado esas fosas as que vostede se refire con tanto desdén, con tanto desinterese e desprezo, son fosas de persoas que tiñan nome e apelidos, unha vida por diante que lles truncaron salvaxemente, que tiñan pais, fillos, familia. E os seus descendentes teñen todo o dereito do mundo a saber onde están enterrados, a recuperar os seus corpos, a reivindicar a súa memoria. E hai que ser moi insensible e moi miserable para non recoñecer ese dereito independentemente da afiliación política de cada quen.
Despois por non sei que estraña asociación de ideas (quizais debido o recente estreo da peli de Steven Soderbergh) falou do Che, ó que parece ser que non idolatra porque foi un asasino.
Como é frecuente neste partido vese con facilidade a palla no ollo alleo pero non a trabe no propio. Gustaríame oír o Sr. Casado criticar e condenar con igual vehemencia a figura de Francisco Franco que como todo o mundo sabe (menos quizais os dirixentes do PP) foi un golpista que se rebelou contra un goberno democraticamente elixido, que arrastrou a España a 40 anos de dictadura e que, aínda despois de rematar o conflicto, ten sobre a súa conciencia moitísimos mais mortos dos que poida ter o Che.
Pero sobre este noxento e criminal personaxe que eu saiba ningún dirixente do Partido Popular levantou a mais mínima crítica. E estou por apostar a que o Sr. Casado tampouco o fará. O peor ata ten un retrato seu na habitación e lle rende pleitesía tódolos domingos e festas de gardar.
Haberá que seguir con atención a carreira política deste cachorro pepero que seguro que nos seguirá obsequiando con barrabasadas e incontinencias verbais como as anteriores. Dende logo no partido mestres nos que fixarse non lle faltan.

23 comentarios:

Raíz Verde dijo...

pero se españa non existe, é unha enfermidade mental dalgúns. Realmente españa como nacioón non existe, e non o digo eu, hai xente q se adica a estudar esas cousas polas facultades.

HADEX dijo...

Buf, mira é que me poñen enferma....De todas maneiras hai moita xente nova, non toda por suposto, que corre o perigo de caer nesta ideoloxía, debido á ignorancia, a deixadez e á falta de ideoloxías ou sensibilidades.....Eu véxoo entre os meus alumnos de 17 ou 18 anos....E se a esa idade son así....non che digo onde poden ir a parar.

Por outra banda, este tiparraco é gili*****

Carlos Sousa dijo...

Estamos apañados, vaya futuro nos espera con xentiña como esta. Parece ser que os pupilos de Aznar e compañía, van a seguir coa súa política do insulto. O peor é que haberá quen lle faga caso. Unha desgraza.

Un saúdo, raposo.

Mer dijo...

O problema é a falta de criterio obxetivo por falta de educación obxetiva.

Este señorito seguro que non sabe moito máis de Franco que o que de maneira subxetiva lle contaron os seus pais.

Teño 34 anos, estudiei en escolas públicas e nin na EXB nin en BUP, xamais me falaron de Franco nin de Hitler, nin ben nin mal, nin me explicaron esa parte da historia deste país. Informeime de forma autodidacta, xa que me interesa o tema, pero na xente da miña xeración hai moita desinformación e na de xeracións posteriores hai a maiores educación influenciada polos partidos políticos.

Só espero que non fóran moitos alumnos a escola onde foi este lumbreras que o seu profesor de historia fóra directamente o da fotiño do teu post anterior, ou alguén aínda peor ¿ aínda peor?

É unha mágoa que existan persoas sen capacidade para razoar por sí mesmas.

Unha aperta.

Mer dijo...

Por certo, gustoume a túa reflexión, penso que deberías enviarlla á sede do PP, aínda que non se consiga nada, por que estas persoas son incapaces de poñerse na pel de ninguén.

Iso das "fosas no sé de quién" ben me doeu.

noa dijo...

pero é que ó Sr. Casado o único que lle importa é ser moderno...

A lareira de Santiso dijo...

Interesente personaxe...

São dijo...

Que Deus vos proteja que bem precisais, face a um PP cada vez pior!!
Aperta.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Non sei os anos que terá o tal rapaz Casado non seiqué, pero que mágoa ter un fillo con esa mente tan ... non sei como calificala.
O meu fillo máis pequeno (17anos) admira ao Ché como se fose Deus, ten a súa foto colgada na habitación e tamén en algunha camiseta, pero o máis importante é que sabe esa parte da historia cubana porque se interesou en sabela, é dicir que non o admira ou leva esa camiseta porque "mola", senon porque é consciente do que significou.
O tal Casado se cadra podería facer o mesmo, tanto con respecto ao Ché como ó da Memoria Histórica, e con respecto a guerra do avó, máis nos vale a todos tela ben presente, non esquecela nunca, maís que nada para non volver a repetila.
En fin "vocazas" hainos en todas partes.
Bicos.

Pablo dijo...

Non, non son o tal Pablo Casado ese, no me veñades á pel por ter o mesmo nome!

Non escoitei eu nada disto... pero quédome abraiado. Vaia semental que están parindo ahí os modernos do PP. O pobre sabe o que lle ensinaron: Franco bueno, comunismo malo; Espe moderna, Zapatero antiguo; ateos al infierno, creyentes al cielo,... El simplemente repite e, como tódolos demáis, non atende a razoamento ningún, simplemente ten a ideoloxía esa tan adentro que o ceja. Unha pena.

Veca dijo...

O que hai que oír........confesoo, eu tamén son do PP, ata as trancas, vamos....

Doutora Seymour dijo...

Para min é un acougo saber que para ese rapaz as ideoloxías políticas de cada quen só son cuestión de moda, ten moi claro que para vender algo tan rancio ten que facer coma os modistos rechamantes: chamar a atención como sexa e conformarse con que lle merquen os trapos catro fashion victims despistados.
En fin, que o PP está cheiño de mentes brillantes...

LM dijo...

já nom me impresiono porque nom me dá o corpo para tanta supresa do pp mas se o fizesse emigrava fixo...beijos

A Raíña Vermella dijo...

O que ven dicir este rapazolo é que non está de moda ter ideoloxía, nin preocuparse polo que ves ao teu redor. Teño para min que a dereita, en realidade, non é unha ideoloxía, senón a falta dela, o desexo de que nada cambie (non sexa que nos quiten a cadeira de debaixo do cu). Por certo, xa ten mérito admirar a alguén só porque o maten, fixera ou non algo admirable (iso si, admiran a M.A. Blanco pero non a Ernest Lluch) Un bico.

Zeltia dijo...

insensible e moi miserable para mín nesas duas palabras queda resumido todo.
asistin de reollo e con desgana a imaxes e titulares do congreso éste, porque xa me fastidia dabondo cando teño que discutir con algún simpatizante dese partido que teño que tratar a miudo e que procuro ignorar, porque temos que convivir e hai que ter espazo para todas as ideas, pero cústame :D

rui dijo...

Creo que é bo que no PP haxa moita xente torpe coma este fulano, que cando non hai alguén sensato detrás que lle escriba o guión "tragable" destapa a verdadeira cara do seu partido. Así máis xente verá o caminiño por onde nos queren levar.

ekis1331 dijo...

Asquerosiño este pijo abofé... a bofetadas o habian de por ó día...

Lúa dijo...

cago en diez, ya decia yo que empezaba a salirme un incipiente bigotito...

Pau dijo...

Non fai falta chegar a Franco, ainda teñen a algun nas suas filas a algun como Fraga que ben podria contarnos él sobre as sentencias de morte nas que participou. O que é tonto é tonto

maxi dijo...

Inspirame.....

[IMG]http://i35.tinypic.com/28vdpgk.jpg[/IMG]

Suso Lista dijo...

Dan ganas de ghomitar. Bravucons, como foron sempre.

vermella dijo...

E pensar que a mín os cachorriños sempre me impulsaron tenrura e este danme gañas de afogalo.
saúdos.

A Conxurada dijo...

Este é un ignorante, e un montón de adxectivos desagradabeis máis que non vou transcribir...

un bico