viernes, 26 de septiembre de 2008

O ÚLTIMO DÍA

Convídame o mantedor de Trasalba a responder a un meme sobre certas cousas que un faría si o mundo se acabase mañá, posibilidade que non hai que desbotar tendo en conta a belixerancia armamentística de algúns dirixentes políticos, o acelerador ese de partículas que seica vai crear un buraco negro, as mensaxes apocalípticas dalgunhas sectas e bla, bla, bla.
Dende logo si se dera o caso eu pasaría todo o día facendo trasnadas: romper a cantazos o alumeado público, amosarlles a pirola as monxiñas, pedir préstamos bancarios para unha viaxe o mais alá, botar moreas de po de pica-pica no Corte Inglés, todo esto sen excluír o insulto verbal, a violencia física ou mesmo o uso indiscriminado de armas de fogo.
Pero cingámonos as preguntas en cuestión:
¿Que canción che gustaría escoitar?
Seguramente Los Pajaritos de María Jesús y su Inefable Acordeón: é tan repelente que habería que oíla por derradeira vez.
Na banda sonora da miña vida sempre hai un sitio para Rosendo, Springsteen, Sabina, Barricada, Bob Dylan .... Pero postos a escoller un quedaríame con Javier Krahe que me parece mais axeitado para a ocasión.
¿A que libro lle botarías un ollo?
Para ler escollería por razóns obvias algún relato breve, de Manuel Rivas ou de Borges por exemplo; algún artigo de Jose Luís Alvite tampouco estaría mal.
¿Con quen che gustaría falar?
Hai algunhas personas das que me gustaría despedirme especialmente. Non direi nomes, eles/elas xa o saben.
¿Que che gustaría comer?
Polbo á feira a esgalla ou un bo churrasco, ou as dúas cousas (un día é un día), abundantemente regado cun saboroso mencía de Amandi (¿a quen carallo lle importa xa si se supera a taxa de alcoholemia?).
¿Que farías e que che queda pendente por facer?
Fora do dito anteriormente non creo que me dera tempo a mais, así que vamos a deixalo así.
Pendentes quedan unha morea de cousas, quizais demasiadas : unha viaxe o Machu-Pichu, por exemplo; unha mágoa, porque seguramente ese último día as axencias de viaxes tiñan boas ofertas.
Para que non se rache a cadea teño que escoller a blogueiros/as que sigan o xogo. O azar, sempre inescrutable, quixo que foran por rigoroso orde alfabético: Carlos Sousa, Hadex, Mer, Pablo, e Zeltia.
Así que si len esto e aínda non fixeron o meme e queren e lles apetece e tumba que dálle e tal que sei eu, xa saben.

13 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Pois vaia compromiso me metes, para ser a primeira vez que me nomean, me pillas un pouco floxo. Pero algo intentarase, a ver como sae. supoño que non vale copiar ¿non?

E gracias polo teu comentario, unha aperta raposo.

Mer dijo...

Carai, que agresivo te puxeches no prólogo.
Totalmente dacordo na comida e no viño ( é o que tomo cando vou de viños por ahí), aínda que engadiría tortilla española, para mín un auténtico manxar.

Anda que en menuda me meteches... a ver se penso algo durante a fin de semana.

Unha aperta e feliz fin de semana.

Veca dijo...

Pois moi interesante. Se se acaba o mundo, eu tamén quero ir a Machu Pichi, ao mellor ofrecennos un 2x1......

paideleo dijo...

Que espere o fin do mundo que hai que probar o viño novo.

Antón de Muros dijo...

Pois vexo que son afortunado: xa teño o libriño de Borges...

En verdade non teño apuro ningún para marchar (e polo momento non quero amosar ás miñas partes ás monxiñas) ;-)

Saúdos.

Antón.

Pablo dijo...

Ufff, o último día... o último de cada cousa?? supoño que ese día terá polo menos 48 horas, porque se non...

Graciñas pola invitación! O luns estarán no meu blogue as miñas respostas, ata entón... bon finde!

FraVernero dijo...

Pajaritos a volar? Bueno, de certo ten un retintín metafórico, eh? xD

O Polbo non estaría mal (as miñas escollas eran máis de cosmopolita desarraigado). Esta serie de últimas comidas fíxome lembrar unhas listas na Rede das últimas ceas de convictos famosos condeados a morte nos EEUU. Non creo que nos desen conseguido o polbo, eh?

No Machu Picchu habiamos ficar sen respiración. Fícanos algo lonxe, mais tamén eu conto con visitalo algún día -apocalipso mediante-.

rui dijo...

Ben,eu, que che son pouco poeta, despóis de botar catro ou cinco polvos e despedirme da familia iría ao cabo Home cun paquete de tabaco e unha botella de ron, a mirar como baten as olas. (se me dera tempo a chegar)

LM dijo...

arre demo... pois mira que se se admite que a fim do mundo nom seja individual aqui propomos levar as pilhas para o cassette e partilhar esse churrasco com polvo á feira. ah! e levamos também o sal! beijos.

O Raposo dijo...

Carlos Sousa: deste compromiso sei que sairás ben airoso.
Mer: non te asustes pola agresividade do principio, non deixa de ser un xogo. De tódolos xeitos, si che din que mañá é o último día pouco a pouco afaste a idea, pero de entrada te pos dunha mala ostia. Ah, e incluio con moito gusto a tortilla no menú!
Veca: Pois nada, collemos esa oferta e vamos para alá.
Paideleo: Por probar o viño novo ben vale a pena esperar unhas semanas mais.
Anton de muros: ter libros de Borges e ter unha pequena (ou grande) fortuna. Que nunca che falten!
Pablo: Témome que so tería 24 horas e quedaríase moi curto, claro. Agora, eso si, sempre se podería pasar a Portugal para ganar unha hora.
Fravernero: E comer polbo no Machu Picchu? Eso xa sería a reostia!
Rui: tamén é unha moi boa opción. Tomo nota.
Im: quedan vostedes invitados (con ou sin sal)

Lúa dijo...

encantame a tua oferta gastronómica, apertas!

Zeltia dijo...

ostras, pedrín!
non penses tí que non é a primeira vez que penso que faría se só dispusexe dun dia... montar un drama, seguro!
imos alá co meme, un pouco tarde, pero e que non vin isto ata agora :(

paideleo dijo...

Graciñas polos parabéns enon buscamos axudas por familia numerosa !.