martes, 9 de septiembre de 2008

PROBA DEFINITIVA


Que a terra é redonda sábese desde tempos remotos. As mitoloxías caldea, hindú, exipcia, etc.. xa aportan este concepto e para os antigos gregos era cousa corrente.
Xa Aristóteles (século IV a.C.) escribiu argumentos que así o demostraban e elaborou unha teoría astronómica o respecto, argumentos que retomaría e ampliaría Ptolomeo no século II para defender a forma esférica do noso planeta. 200 anos a.C. Eratóstenes calculou a súa circunferencia cunha precisión asombrosa para aquela época.
Pero faltaba a proba definitiva e mira por onde esta atópase na praza do Concello de Sober. Estes dous letreiros serven non só para demostrar categoricamente unha teoría científica senón tamén para confundir os conductores foráneos que non saben por onde coller e ante as dúbidas rematan por preguntarlle a algún viandante. O sentido común lévaos (e eso di moito o seu favor) a confiar mais nas indicacións dos veciños que nos paneis informativos da administración.

21 comentarios:

HADEX dijo...

Ben, esa é a proba de que todos os camiños levan non a Roma senon a Ourense e a Monforte. Está claro.
Bicos.

Carlos Sousa dijo...

Debe ser como un GPS que marca varias rutas, só lle falta poñer cal é máis curta e a máis longa.

A verdade que ten tela o letreiro.

Un saúdo.

busto.agolada dijo...

Moi curioso por certo. A ver se é para contentar aos de esquerdas e aos de dereitas.
Tamén me chama a atención que sigan a poñer ORENSE no canto de OURENSE. Se o querían todo en castelán que probasen a poñer tamén MONFUERTE. Ah, pero isto último non lles soa ben nin aos casteláns-falantes. Paradoxos deste país que tanto lle queda por aprender e amar.
Unha aperta, Raposo.

Mer dijo...

Xa tiña visto esta foto, de feito penso que puxen algo no meu blogue nalgunha ocasión, pero non tiven o placer de comprobalo in-situ, e a verdade que me gustaría, grazas por dicir onde é, a foto rula pola rede pero sen enderezo.

Un bico.

noa dijo...

eu tamén a vira e non sabía onde estaba. xa ía poñer eu tamén o de que todos os camiños levan loco a ourense e monforte, pero hadex adiantóuseme...

Veca dijo...

E sempre tedes as cousas tan claras en Sober?? jeje

Pablo dijo...

Pois como os de fora se fíen máis dos veciños lévana clara!! Polo menos no meu pobo, (non sei agora pero antes así era)o deporte favorito no verán era mandar ós turistas dirección ó faro, da ijual que prejuntaran por un bo restaurante ou pola praza do pobo.

Non éramos mala xente... un pouco fillos de puta si, pero non malos.

Saúdos!

Silvana dijo...

E que en Sober tedes a Raqueliña, unha alcaldesa moi avispadiña!!

Kaplan dijo...

xa o ciñecía, pero non deixo de flipar: será que quen o mandou poñer non se decatou, ou de que quen o puxo obedeceu sen chistar?
todo un enigma

Torreira dijo...

Que bo...apertas e LK compañeiro raposo.

Sara dijo...

Tremendo.

Ex Traño dijo...

iso non demostra nada, a terra redonda, ¡que tonteria!....
a culpa de eses erros e de ZP.....

ai!! perdon que me trabuquei, a culpa e do LK, pero non che podo dicir si foi o operario o que estaba perxudicado ou foi o enxeñeiro o que dou a orde tras unha comida de traballo, que por suposto acabou con chupitos.....

apertas raposo e que conste que habia ganas de velo por aqui....

Manuel L. Rodrigues dijo...

boas raposo.

Fuches algunha vez ao Porto??

Saíndo da cidade todas as direccións levan a Lisboa e mais a un lugar chamado Fafe; é igual que tires cara o norte como cara o sur.

Na autopista sempre pon Lisboa (ostias!! que imos para o sur, hai que dar volta. Mudar o sentido e volver a ler Lisboa) ???

Un saúdo

eNmEiGaDa dijo...

Moitas veces mirei esa foto, mais pensaba que estaba trocada!

Zeltia dijo...

eses letreiros indicadores son famosísimos xa :D mira que si a sona do pobo se espallase gracias o letreiro...

a verdade e que eu nas saídas das cidades que non son a miña, volvome tola cos letreiros, nunca sei se vou ou se veño.
xa, bueno, menos recochineo, xa sei que na vida miña tampouco :D
ainda ben sei que se houbera infermo iba para él de seguro.

vermella dijo...

Monforte como centro do universo,que contentiña estará Silvana.
bicos.

vakastolas dijo...

Quizais é un plan turístico oculto, buscando Ourense os foráneos terán a oportunidade de coñecer outros lugares de non tanta sona. Eu que sei... da Administración sempre hai que pensar mal.

Cuspedepita dijo...

Supoño que nunca pasou por alí algún responsable destas cousas ;-) E se pasou era cego, ou estaba de coña... ¿ou que?
Saudiños

Pau dijo...

O que as colocou demostra unha falta total de profesionalidade, pero o politico que permite ca sua pasividade que todavía sigan estando así todavía é máis culpabel

Chousa da Alcandra dijo...

Será tamén que tódolos camiños conducen a Monforte (e a Ourense). Ou tamén pode ser que -despois de cargar o corpo en exceso cun bo mencía da terra, a vista faiche ver por duplicado...

Unha ben boa imaxe en todo caso, si señor

A lareira de Santiso dijo...

E como lles quedaría a cara aos obreiros aos que lles mandaron poñer os sinais...jajajajaaa, quen me dera ser un deles!