No ano 1966 Richard Brooks dirixiu este wester fronteirizo sobre catro mercenarios que son contratados por un millonario texano (Ralp Bellamy) para rescatar a súa dona (a turbadoramente bela Claudia Cardinale) secuestrada polo rebelde mexicano Raza (Jack Palance).
Este é o argumento, coa revolución mexicana como telón de fondo, pero a peli é moito mais ca eso: reflexa tamén o desencanto e a amargura dos protagonistas os que os avatares da vida leváronos a loitar a ámbolos lados da fronteira, a lealdade como un ben necesario cando te moves no gume da navalla, o pracer da aventura, as cousas que case nunca son como parecen, o conflicto entre o idealismo dos heroes románticos e o realismo cotián, a case indiferencia ante a morte porque esta é inevitable.
Nos papeis estelares dous pesos pesados de Hollywood, Lee Marvin e Burt Lancaster, acompañados por Woody Strode e Robert Ryan, este último quizais do mais frouxo do film.
O ritmo é trepidante cun guión axeitado aínda que na derradeira parte a secuencia dos feitos faise menos crible, un bo pulso narrativo e adecuada fotografía que por momentos converte a paisaxe (árida, dura, violenta) nun personaxe mais.
Un wester salpicado de diálogos ferintes, acertados, brillantes, que invitan a reflexión. Déixovos dous exemplos:
Bill (Burt Lancaster):- “Pode que so haxa unha revolución, desde sempre, a dos bos contra os malos. A pregunta é: ¿quen son os malos?
E no tiroteo final entre Bill e Raza teñen esta conversa:
Bill: - “Nada é para sempre, excepto a morte. Pregúntalle a Fierro, a Francisco, a todos aqueles do cemiterio dos homes sen nome.”
Raza: -“Todos eles morreron por un ideal.”
Bill: - “¿A revolución? Ah, cando o tiroteo remata entérranse ós mortos e os políticos entran en acción, e o resultado sempre é o mesmo: unha causa perdida.”
Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
jueves, 9 de octubre de 2008
WESTER I: OS PROFESIONAIS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
14 comentarios:
os malos son os outros, pero qué pregunta!!
si nós estamos no oeste os outros, ou sexa, os malos, son os do este... mmm... ¡ pero se a Terra é redonda! calquera poder estar ao oeste ou ao este... logo ¿ calquera poder ser o malo?
en fin... teño un día medio parvo, será que por fin é venres ¡Bo fin de semana!
un bico
“¿A revolución? Ah, cando o tiroteo remata entérranse ós mortos e os políticos entran en acción, e o resultado sempre é o mesmo: unha causa perdida.”
Canta realidade nesta frase, e que triste que así sexa. Cantos morreron ó final por nada, o consuelo é que non o sabían.
Os malos, sempre os outros, como imos pensar que somos nós os malos.
Unha aperta
Xa somos libres, xa botamos o tirano, agora o país está cheo das bandeiras da nosa Patria, somos soberanos, temos asento na ONU, aparecemos en todos os mapas do mundo. Os pobres son máis miserables que antes pero teñen o orgullo da sua nación. Os que governan se chaman salvadores, son do povo, que ninguén ouse empregar epítetos descalificadores, córtanlle ipso-facto a cabeza.
Miséria de nacer pobre, miséria de ter dado a vida por un ideal.
“¿A revolución? Ah, cando o tiroteo remata entérranse ós mortos e os políticos entran en acción, e o resultado sempre é o mesmo: unha causa perdida.”
Cantos quedaron no camiño para acadar un mundo mellor. Cantos loitaron por uns bens sociais. A partir dde finais dos anos oitenta. Todo o acadado por eses loitadores veuse abaixo. Agora estamos a pagar as consecuencias de permitir todo este desaguisado de merda. Partidos de esquerda, sindicatos, etc. que inclusive votaban ramos de flores ao capitalismo salvaxe anulando as mentes da xuventude. Agora temos unha crise financeira, pero os máis grave nestes intres é a crise de ideas que non recalaron nos xóvenes por unha anulación das mentes por parte dese neolibaralismo axudado por aqueles que se din hoxe de esquerdas (Socialdemocracia).Temos crise ecolóxica que ven derivada do capitalismo salvaxe. Temos crise de valores que son a base máis fundamental do ser humano (ver algúns programas de T.V.onde expoñen as miserias humanas) Se algún de vos ledes a Rosa Luxemburgo, aquí tendes as claves do que é a socialdemocracia e do que está a pasar no mundo nestes intres. Ela dou coa clave xa fai moitos anos.
Que siga a festa, haber onde imos parar.
É unha mágoa que o Western caese en desgraza; creo que non vexo un decente dende "Unforgiven" de Clint Eastwood (e xa choveu).
Pa' profesional usted, Raposo, rescatando entre buenos y malos la Buena Doctrina del Western...
Abrazo dominguero.
ja,ja, sinto, devólvoche un meme.
Eu tamén penso como paidovento, que é unha magoa que o Western caera en desgraza. É certo que moitos representan a concepción do mundo ianqui, de confrontación entre bos e malos sen matices pero tamén hai moitos que, entreliñas, agochan grandes momentos de sabiduría. Iso sí teño visto pelis e pelis de vaqueiros cando era pequena e non son quen de lembrar ningunha...
a división entre bos e malos so depende en que lado te atopes nunhas circunstancias determinadas,aquelo de que o home non é nin bo nin malo por natureza...
apúntome a iso de que cando alguén morre por unha causa esta é perdida.
bicos.
Quizáis todos teñamos polos adentros distintos camiños, que nos leven a ser mellores ou peores persoas ante determinadas situacións.
Somos seres cheos de matices, e prefiro pensar que malia a existencia dos numerosos estudosos da humanidade, as mulleres e os homes deste mundo aínda podemos sorprender.
Sei que aínda existen reaccións humanas impredecibles. A maldade ou a bondade poden formar parte delas. E tamén a maldade ou a bondade con que se miren os actos dos demáis.
Gustoumne este post rescatando o Western e resaltando esa parte do diálogo que non ten perdido actualidade malia os anos que van desde a súa estrea.
Polo demais concordo totalmente con sarampelo.
De pequeno, e de non tan pequeno, estiven namorado de CC...
¿Revolucións? En penso que queda unha pendente, pero terá que ser no interior da cachola de cada un. Tardará, tardará, e ó peor, non chegará nunca.
¿Os malos? Home, iso está claro: os do eixo do mal.
pois abondo revoluzom é poder sentar-se a ver um western em vez de ter de trabalhar vinte horas diárias... nunca choveu que nom escampasse e se nom houbesse maus nós nom saberiamos que somos os bons. tudo é um equilibrio. beijos.
Recordo a cara de un vello que ainda hoxe non superou que triunfase o golpe de estado sobre a República. Causas perdidas. Apertas Raposo
Publicar un comentario