William Munny: “Matar a un home é algo moi duro. Quítaslle todo o que ten e todo o que podería chegar a ter.”
Quen di esto fala con coñecemento de causa. William Munny (Clint Eastwood) é un tranquilo granxeiro viúvo e con 2 fillos, pero no pasado foi un ser violento e depravado, un desapiadado asasino que mataba mulleres e nenos e que acadou a redención e volveu o rego do bo camiño grazas a súa dona.
Agora as dificultades económicas lévano a facer un último traballo polo que ofrecen unha boa recompensa: matar a dos vaqueiros que lle cortaron a cara a unha puta en Big Whiskey, Wyoming.
Acompáñano na aventura Ned Logan (o sempre magnífico Morgan Freeman) e un xoven pistoleiro Schofield Kid (Jaimz Woolvett, que xa colaborara con Eastwood en “O fora de lei”. Andan tamén por aí outros actores de peso como Gene Hackman e Richard Harris.
Si hai alguén que revitalizou o xénero do wester ese é Clint Eastwood. Primeiro as ordes de Sergio Leone e mais tarde xa como director/actor con películas como Inferno de Covardes (1972), O fora da lei (1976), O xinete pálido (1985) e Sen perdón (1992). Esta última unha auténtica obra mestra.
Sen perdón desmitifica o vello Oeste. É esta unha película de antiheroes, de falsos pistoleiros medio cegos, de ex-pistoleiros auténticos vellos e cansos, de sheriffs autoritarios e sádicos, de armas que se encasquillan, de prostitutas solidarias.
Unha reflexión sobre a violencia, quizais sobre a inutilidade da violencia.
Todo encaixa a perfección: guión axeitado e coherente; unha fotografía brillante a veces, sombría outras, sempre sublime, con planos que rozan o lirismo; implacable caracterización das personaxes que acadan mais e mais profundidade conforme avanza o film; magnífica interpretación dos actores; dirección, banda sonora. Todo encaixa.
Eastwood, que empezou sendo no espaguetti-wester o Home sen Nome (un mozo cun poncho) foi madurando cos anos e fíxose mais duro e mais sabio e, xa como William Munny, marcha de Big Whiskey na noite baixo a choiva, só, vello pero non vencido. Atrás deixa unha aura de medo pero tamén de respeto e admiración. A mellor homenaxe que o xenial Clint lle podía facer o wester, o cine.
8 comentarios:
Raposo, estou en fase de frixidez emocional.
hehehehe
O grande Clint... despois da súa faceta romántica nas Pontes de Madison, non o acho como vaqueiro.
Saudos.
Clint é un maestro. Faga o que faga faino ben.... ¡ben!..... moi ben!!. E tanto ten que actúe, coma que produza, coma que dirixa.
Eu non son amante do western, pero as suas películas son outra cousa.
Saudos.
Cada día aprendo máis: vivía na absoluta ignorancia no senso de que os raposos souperan tanto de werterns. (Ainda que comprendo que admiren a Clint. Todo un mestre da escea).
a miña admiración por clint eastwood non é do principio, non, coma tí dis "era un home con un poncho" e añado con cara de pau.Eu, o contrario do que parece, non son coma tí unha fan do wester.
xa, para o ano que se estrenou "sin perdón" clint eastwood tiña demostrado a súa valía como director, guionista e actor, e vin esa peli sin os prexuicios que tivera antes por ese xénero de cine, e encantoume. Agora, despois de ver "gran torino" en certa medida unha homenaxe ó wester e a súa etapa de harry (a min pareceume iso entre liñas)
ó ler a túa loubanza de "sin perdón" entraronme ganas de volver a vela, con casi 15 anos por riba da peli, e tamén por riba de min, a ver que son capaz de ver que non vira.
:-)
Killin a man it's a hell of a thing, you take all he's got and all he's gonna.
Desta volta viñeches dar nun dos meus sancta sanctorum: Clint Eastwood e Unforgiven.
Un western con aromas de Ford e mesmo de Bergman.
Un home "notoriamente violento e inmoral" que coñeceu a resurrección polo amor, e que ten que voltar a baixar ao inferno da violencia para darlle algo mellor aos seus fillos.
Nunha escea na cadea de Big Whiskey, un sheriff desmonta en poucas verbas toda a mitoloxía do vello oeste. Homes alcoholizados e violentos que pouco teñen que ver coa imaxe do pistoleiro elegante (ese Bob O Inglés apaleado e ridiculizado pouco antes).
Ás veces penso que resulta ben compricado voltar a rodar un western tras deste colofón.
Descubrino moi novo na miña casa, queera o cine de Corme. Xenial en todo. Apertas
Majo: pero si estamos no vran, a frixidez emocional é mais propia doutras épocas.
Manuel L. Rodrigues: Eastwood vale para todo e como vaqueiro tamén ten boa pinta.
Barreira: totalmente dacordo. Hoxe en día é un dos grandes do cine. un referente de calidade.
Chousa: nestes tempos hai que saber un pouco de todo, meu.
Zeltia: eu cada vez que a vexo (e xa van unhas cantas)atópolle novos matices. Ti seguro que tamén.
Ricardo Arias: Concordo contigo: Unforgiven marca un antes e un despois no wester.
Suso Lista: Xenial é un adxetivo que define bastante ben o vello Clint.
Apertas a todos-as.
Publicar un comentario