martes, 4 de mayo de 2010

NADA ESPECIAL

Chegou maio cunha lumbalxia baixo o brazo, con Voltarén e relaxante muscular 3 veces ó día, cunha nai que sorrí dende a súa fraxilidade e pregunta “e cando volves, meu ben?”, cun buraco na conta corrente, con Hacienda sempre pendente de nós, con propósitos de emenda difíciles de cumprir, con licor café arrefriando na neveira, coa túa voz o outro lado do teléfono salvándome do tedio destes días de repouso sen nada que facer.
..

19 comentarios:

Xan dijo...

Os propósitos de emenda son como o Voltarén o relaxante da nosa conciencia nos momentos agónicos, nos momentos en que non hai nada que facer. Un grolo dese licor café que tes arrefriando na neveira e o mundo seguirá sendo case perfecto

fonsilleda dijo...

Sinto o da lumbalxia. Xa..., como nos pasou a nos.
O licor café gústamen mais "do tempo".
Bicos

Ra dijo...

Oiga, pues viene mayo de puta madre; yo desde el Volatrén ya le tenía cierta envidia :)

Bolboreteira dijo...

Pois nada...a recuperarse señor raposo.
E como se suele decir non é como se empeza senón como se acaba...
Un bico grande

Zeltia dijo...

estiveches metido na tobeira cunha lumbalxia?
pois se mesturaches o mialastan (ou similar) co licor café, vaia colocón, xa non precisarías o voltarén ;-)
inda bo é ter unha nai (aínda que sexa fráxil) e unha voz ó outro lado do teléfono para acariñar a orella entre chupito e chupito (dille que menos chamar e que vaia darche unhas freguiñas co voltarén)

a mellorarse!!

BRABIDO dijo...

Ae que collelo como ben,polo condado chegou con dor de muelas e lumbago e un frio que queima,ata o curentq de maio non te quites o saio,eche ben certo machiño.

Tomao con calma e xa sabes si ae dor que mellor que uns chupitos de licor ben frios.

Saúdos

Chousa da Alcandra dijo...

Non te queixes tanto, que xa ves que hai quen te envexa (i eu case que me sumo tamén). Non sei se unha boa dose de Voltarem ou de licor café...

Recupérese, Raposo.
Apertas

A nena do paraugas dijo...

Con dopaxe, por aquilo de que as dores non adoitan ser agradables, un intermedio non ven nada mal. Sempre se pode aproveitar para facer vida contemplativa. É o que teñen os relaxantes musculares: invitan á contemplación.
Coidarse e mimarse, que corpo só hai un!
Saudiños.

Raposo dijo...

Carallo, Zeltia, atinaches, o médico tamén me recetou o Myolastan, pero non me dixo nada de non tomar alcohol, asi que...
Grazas a tod@s pola visita a cova e os bos desexos.
Apertas.

A lareira de Santiso dijo...

Mentres haxa esa voz ao outro lado do teléfono...non te queixes

Alís dijo...

Si non fora pola lumbalxia e por Hacienda, non empezaba tan mal este maio...
Gústame o que di Xan de que os propósitos de enmenda son o Voltarén da nosa conciencia.

Unha aperta

PD: Sentín curiosidade por un comentario teu onde Chousa da Alcandra e viñen.

covetas dijo...

Primero Sabina y ahora Rosendo.... !!!carallo!!....
me colao desde el otro lugar , me a inspirado una cación....deseo que te mejores y de momento disfruta del Myolastan.
Saudos

Raposo dijo...

Benvida, Alis, volve cando queiras, a porta sempre está berta.

Covetas: grazas, brindarei por ti con Myolastan e tereite presente nas miñas oracións.

São dijo...

Graciñas pela memória do 25 de Abril.

As melhoras rápidas.

Bom fim de semana.

Pau dijo...

O dolor de lombo no meu caso e polo puñal de facenda i ese si que non se cura con voltaren.

paidovento dijo...

Pois... Que queres que che diga? O repouso tamén ten o seu aquel (a todo hai que verlle o lado positivo).
Fáiseme raro oír a Rosendo cantar baladas.

xenevra dijo...

Mentres se note o recendo dolicor café e siga vibrando a voz no teléfono, nada pode ir mal. O resto son só danos colaterais que se solucionan con medicinas ou con confesións á Facenda pública (que dito así soa a chalé compartillado, mais non é o caso). Espero que o tedio non acabe coas ansias da voz.

Seymour dijo...

E calor, Raposo, aproveite toda fonte de calor a + - 37º. É perfecta.

(Coidese)

Maribel-bel dijo...

Ti eres especial, o resto son daños colaterais. Una frega, sen mais.