Coñecín a
Suso Lista fará uns sete anos no mundo, agora en decadencia, dos blogs. Daquela
eu empezaba coa “Cova do raposo” e
Suso tiña a bitácora “Suso Lista, percebeiro
do Roncudo” na que nos deixaba historias cheas de humor, filosofía e
retranca galega. Despois púxenlle cara
na serie de V Televisión “Para mariñeiros
nós” onde el , Pinto, xunto con Cobiñas argallaban as máis variopintas
historias mentres trasfegaban “SolySombra” sen parar.
Agora vén de publicar o libro “Salseiros” no que se recollen moitos
dos relatos curtos que xa publicara no blog. Onte estívoo presentando na Casa do Libro en Vigo. Eu non podía faltar
e non faltei. Así aproveitei para coñecelo en persoa e para que me dedicara o
libro. Suso é un cachondo, un percebeiro, un filósofo da costa, un actor, pero
sobre todo é un excelente narrador das pequenas cousas que pasan en Corme, como
podían pasar en calquera outro pobo de Galiza.
“Salseiros” está cheo de agudeza, ironía,
humor, tenrura, historias tráxicas ou
cómicas, reais ou inventadas, pero todas coa boa prosa de quen sabe o
oficio. “Salseiros”, libro totalmente recomendable.
Estades avisados.
4 comentarios:
Suso é un dos nosos.
Eu coñecino tal cal ti contas. Agora, de cando en vez, facémonos algunha chiscadela a través do Twitter tamén.
Sabía da publicación do seu libro, pero agora que, ademais, o recomendas ti...hai que ir por el.
No libro saen moitos dos relatos que Suso puxo no blog.
así que tamén estás en Twitter, Chousa. Vaia, vaia, vou mirar.
Á verdade é que o presentas moi ben.
Seguro que é un bo libro. Estarei atenta por si podo mercalo.
Quédome cunha cousa que me gustou do que dixeches de suso, que é un filósofo da costa.
un biquiño.
Eu merqueino esta semana !. Non sabía nada de que ía estar en Vigo senón acercábame. Comentaba no meu blogo e eu no del e flipaba de como escribía. Ía ir á reunión de blogueiros de Agolada e ao final non puido ir e perdín de coñecelo en persoa.
Será noutra ocasión.
Publicar un comentario