Quixera
que os portais estiveran abertos
que
nas miradas alumeara a paixón
que a
palabra retorno fora posible
e o
recendo de tardes de verán
e
bicos salgados
quentaran
aínda este aire de outono.
E quixera
chegar ó paraíso dos seus ollos
para arrebolar
un feixe de preguntas
buscando
respostas que poñan
algo
de sentido a esta cidade
de
xeómetras e condutores aloucados.
Ó
final é o desencanto
a
anguria de descubrir que a realidade
e
outra, máis triste, máis rota
que o
pasado non volve
e que
todo fica sombrío
nesta
estación abandonada
a
carón dun crepúsculo de falsos tótems.
Do poemario "A pel no asfalto", incluido no libro "Zocas e decibelios"
A foto é de Víctor M. Peña
A foto é de Víctor M. Peña
2 comentarios:
Nostalxia en versos.
...a anguria de descubrir que a realidade é outra, máis triste, máis rota...
Qué poderemos facer para que a realidade se pareza ós nosos soños ou desexos? Algo ten que haber que podamos facer.
Cóntoche que, ademáis do que xa dixen, o teu poema tróuxome unha morriña inmensa. Creo que a partir de ler "que a palabra retorno fora posible".
Bicos
O retorno sempre é posible. Grazas polas túas verbas.
Publicar un comentario