lunes, 23 de septiembre de 2019

Última estación


Quixera que os portais estiveran abertos
que nas miradas alumeara a paixón
que a palabra retorno fora posible
e o recendo de tardes de verán
e bicos salgados
quentaran aínda este aire de outono.

E quixera chegar ó paraíso dos seus ollos
para arrebolar un feixe de preguntas
buscando respostas que poñan
algo de sentido a esta cidade
de xeómetras e condutores aloucados.

Ó final é o desencanto
a anguria de descubrir que a realidade
e outra, máis triste, máis rota
que o pasado non volve
e que todo fica sombrío
nesta estación abandonada
a carón dun crepúsculo de falsos tótems.

                        Do poemario "A pel no asfalto", incluido no libro "Zocas e decibelios"
                                                                                          A foto é de Víctor M. Peña

2 comentarios:

Alís dijo...


Nostalxia en versos.

...a anguria de descubrir que a realidade é outra, máis triste, máis rota...

Qué poderemos facer para que a realidade se pareza ós nosos soños ou desexos? Algo ten que haber que podamos facer.

Cóntoche que, ademáis do que xa dixen, o teu poema tróuxome unha morriña inmensa. Creo que a partir de ler "que a palabra retorno fora posible".

Bicos

Raposo dijo...

O retorno sempre é posible. Grazas polas túas verbas.