Recuperar
as palabras gastadas
as palabras gastadas
deste alfabeto
de incerteza
de incerteza
as feridas
abertas polas ondas
abertas polas ondas
dun chapapote sen compaixón
os xestos vagos e torpes
de tantos encontros
perdidos
o tremor de dúas pupilas
mirando dende a fondura
dun cristal emocionado
a nudez dunhas caricias
o milagre dunha canción
abrazando os farois
unha bágoa alimentada de
estigmas
de bicos e de lúas
uns peitos abríndose á luz
unha pel
tantas lembranzas.
Xemer un instante na
arxila
que modela os nosos
rostros
sentir a marea dun
cabalo salvaxe
galopando os máis
íntimos recordos
romper o vello
sortilexio
do que nunca fun e ser
agora
gota, lume, crepúsculo
folla, ponte, latexo
e durmirme paseniño
como intentando esperar.
3 comentarios:
Un xa é "gota, lume, crepúsculo, folla, ponte, latexo"
e ás veces non nos damos conta...tantas.
Quédome con "
Recuperar
as palabras gastadas
deste alfabeto
de incerteza"
Precioso todo o poema, pola emoción contida nel, polo ben fiado que vai .
Un saúdo.
Fun armando a miña equipaxe cos teus versos, facéndolle sitio tamén ás emocións que ías despertando, ata sentirme lista para a viaxe final (pero sin presa).
Qué bo sería que poidéramos emprende-la viaxe coa maleta lista, recollendo iso que queremos levar con nos e deixando atrás o que non precisamos.
O poema ten tanta fermosura que suaviza ese dramatismo da palabra "final".
Bicos
Mariola, Alis: grazas polas verbas, sempre tan agarimosas.
Publicar un comentario