Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
martes, 16 de mayo de 2017
sábado, 4 de marzo de 2017
Rosalía
Dende aquí vexo un camiño
Dende
aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n'o sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals,
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
Xa collas para Santiago,
xa collas para o Portal,
xa en San Andrés te deteñas,
xa chegues a San Cidrán,
xa, en fin, te perdas... ¿quén sabe
en dónde?, ¡qué máis me dá!
Que ojallá en ti me perdera
pra nunca máis me atopar...
Mais ti vas indo, vas indo,
sempre para donde vas,
i eu quedo encravada en onde
arraigo ten o meu mal.
Nin fuxo, non, que anque fuxa
dun lugar a outro lugar,
de min mesma, naide, naide,
naide me libertará.
Como non lembrar aquí nesta cova a insigne Rosalía!!
domingo, 26 de febrero de 2017
lunes, 2 de enero de 2017
domingo, 1 de enero de 2017
1 de xaneiro
"El primero de enero, tararí,
será tan gris como un jueves cualquiera,
sin Drácula escalando el Pirulí
ni marcianos cruzando la frontera."
Joaquín Sabina
martes, 13 de septiembre de 2016
Políticos e cueiros
Como andamos en época de eleccións (ben, levamos así todo o ano) non está de máis lembrar aquí una frase de Bernard Shaw, ese lúcido escritor irlandés.
domingo, 3 de julio de 2016
Izan o da saca: Xavier Quiroga
Veño de mercar o último traballo de Xavier Quiroga na Feira do Libro de Vigo. Con Xavier coíncidín no IES Rio Cabe de Monforte, en COU creo; xa daquela apuntaba maneiras. Se ledes o título ao revés entendederes mellor de que vai a cousa.
martes, 17 de mayo de 2016
Lembrando a Manuel María
Neste Día das Letras Galegas adicado a Manuel María eu tamén quero contribuír cun humilde sonetíño. Os mais coñecedores da súa obra decataranse de que usei algún título dos seus libros para encher os versos. Tamén iso forma parte da homenaxe.
LEMBRANDO A MANUEL MARIA
Se digo Manuel, digo liberdade,
home da Terra Chá, bandeira e norte,
Saleta, mestre, Xistral en Monforte
coa man tendida sempre a irmandade.
Se digo María, lembro ao poeta,
muiñeiro de brétemas, mes de advento,
cancións do lusco ao fusco co alento
de quen foi para nós camiño e meta.
Cecais hai unha luz na noite escura,
luz que nos leva na túa procura
pois a loita segue, Manuel María.
Dános a forza, líbranos do pranto,
nesta Galicia que quixeches tanto
dános o poema teu de cada día.
sábado, 7 de mayo de 2016
Devastación
"Todo pende de que un día
en vez de neste campo de papoulas,
a alma da bolboreta se pouse
nunha inmensa chaira de cardos mortos."
Xavier Seoane, do libro "Do ventre da cóbrega"
jueves, 5 de mayo de 2016
Tempo de dúbidas
"Ni me creo en posesión de la verdad, ni me supongo sabio, pero me llena de orgullo el saberme inmerso, de hoz y coz, en la duda, que no es mal sino muy honesto camino".
Camilo José Cela
domingo, 20 de marzo de 2016
Masculino singular de Carlos Negro
Di a contraportada que Masculino singular de Carlos Negro "é un corte de sangue no medio do afeitado... Tamén é un diario íntimo que reclama tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos.
Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio."
Concordo.
Concordo.
martes, 9 de febrero de 2016
Cousas da lei
Billy O Neno (Kris Kristofferson), na película do ano
73 de Sam Peckimpah, dicía que “ a lei é unha cousa curiosa”. Non lle faltaba
razón.
En Madrid, dous titiriteiros que representaban unha
obra, aceptémolo, de dubidoso gusto e na
que saía un cartel no que se podía ler GORA ALKA ETA, foron metidos no cárcere
inmediatamente por enaltecemento do terrorismo.
En Barcelona, se cadra xa outro país, un profesor acusado de abusos sexuais a menores durante 30 anos foi
posto en liberdade provisional polo xuíz, a pesares de que o detido recoñeceu e
asumiu os feitos.
A min que alguén mo explique porque eu non o entendo.
Si Billy, no 2016 a lei segue sendo unha cousa ben
curiosa.
Etiquetas:
Curiosidades,
Política e outras malas herbas
lunes, 1 de febrero de 2016
Tempo de ler
Agora que xa pasaron as festas de Nadal, o rebumbio
das eleccións, a arroutada das rebaixas, a costa empinada de xaneiro, agora que
chegou febreiro coa súa dose de normalidade supoño que atoparei tempo para
empezar a ler estes libros que teño pendentes.
lunes, 18 de enero de 2016
AXUSTE DE CONTAS
Como un golpe de mar
na metade da fronte,
como un golpe de mar
cando os mariños poñen rumbo
ó corazón da noiteboa.
Polos meus ollos voaron bolboretas azuis
que despois se desfacían
contra as hélices dos avións
que sucaban o ceo encapotado do futuro.
Unha fumareda envolve os dedos
das malditas madrugadas
nun axuste de contas comigo mesmo.
A infancia saloucando polas congostras,
a infancia convertida en cinzas,
coma o cadáver dun animal
sacrificado no lume dos antigos deuses,
cando os reis magos
non puideron
chegar a tempo
porque trabucaron o camiño
e acabaron indocumentados
delirando en calquera comisaría,
e a carón do presebe
só queda o recendo da morriña,
do que puido ser e non foi,
e un cartel na
porta
de “Pechado por reformas”.
(Este poema foi premiado no Certame Literario Revista A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, Becerreá)
(Este poema foi premiado no Certame Literario Revista A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, Becerreá)
miércoles, 6 de enero de 2016
A fala. Manuel María
Xa que o
Día das Letras Galegas 2016 estará
dedicado a Manuel María, inicio o ano cun poema deste poeta chairego no que fai
unha defensa acendida da nosa lingua, esa que el tanto amou.
A
fala
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María
jueves, 31 de diciembre de 2015
sábado, 26 de diciembre de 2015
Seguimos tocando fondo
Estas sombras como
refuxio
para os que xa non temos
nada que agochar.
Esta primavera con prognósticos
de catarreira e
hipertensión.
Esta partida de
póker
cun proxecto fracasado de
escaleira.
Este xoves que se
arrastra
co degusto amargo dos
luns.
Esta manía de nadar a
contracorrente,
ser carne de canón, ter
ganas de nada,
pórlle portas ó
campo, codificar os soños.
Esta mitoloxía de
rancores,
esta intoxicación de
morriña,
estas armas de dobre
fío,
este teléfono mudo,
este xamais,
este por fin.
Do libro "Territorios estraños"
domingo, 13 de diciembre de 2015
12-12-2012
Pratos
sucios no fregadeiro,
nos
mobles unha capa antiga
de
po e melancolía,
manchas
de nostalxia
polas
paredes,
as
lembranzas esvarando
cara
ós recantos,
e
hai como un mutismo líquido
pendurado
do teito.
No
medio do salón, o alugueiro
cruzou
os dedos e tocou madeira
agardando
que o 13
fose,
por fin,
o
seu número da sorte.
Do libro "Territorios estraños"
sábado, 5 de diciembre de 2015
Rajoy en estado puro
Os descifradores de códigos secretos agradecen calquera axuda que se lles poida prestar para tratar de descubrir que carallo quixo dicir Rajoy con esta frase: “Es el vecino el que elige al alcalde y es el alcalde el que quiere que sean los vecinos el alcalde.”
O tema corre présa porque este individuo seica se presenta a presidente de España. Cousa cando menos preocupante.
martes, 1 de diciembre de 2015
Estraños son os camiños do señor
Tentaba
o cura colgar
un
crucifixo na parede.
O
martelo, violento por natureza,
mallaba
con forza no cravo
ata
que por causas descoñecidas
desviou
a traxectoria e foi machucar
o
dedo polgar da man esquerda
que
suxeitaba a punta.
Hostia
en Deus!!!
berrou
o crego, adoecido.
Do libro "Territorios estraños"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)